24/09/2016

Mesa electoral


En Millares na época da Segunda República tiñamos mesa electoral. Hoxe en día se queremos votar temos que ir á mesa de Retizós. O 16 de febreiro do 1936 na sección chamada Millares votaran 478 electores dos 579 inscritos no censo. 
Domingo Fernández Dourado de San Mamede foi un dos gardas cívicos na mesa de Millares. A "Guardia Cívica Republicana" era a encargada de que non houbera incidentes o día das votacións. A lei electoral era por listas abertas, os votantes podían elixir candidatos de distintas listas para cada un dos escanos da súa circunscrición.



Non sabemos se daquela houbo mitins en Millares. Onde si houbera fora no Cádavo dende o balcón da casa de Xesús Carballedo. No mitin falaran entre outros: Xosé María Díaz Villamil avogado e mestre, Celestino Noia Rodríguez catedrático de instituto, Glicerio Albarrrán Puente mestre, Arximiro Rico Trabada mestre, Froilán Arias Escobar avogado e xuíz municipal, todos membros ou simpatizantes da Fronte Popular. A Fronte Popular foi unha coalición electoral na que estaban entre outras formacións: Esquerda Republicana, Organización Republicana Galega Autónoma, Partido Galeguista, Partido Socialista etc. En febreiro do 1936 logran a vitoria nas últimas eleccións democráticas durante a Segunda República, antes do golpe de estado que produciría a guerra civil. Os elementos conservadores perderan a batalla das urnas.
Polo tanto, as últimas eleccións celebradas na mesa de Millares foron o 16 de febreiro do ano 1936, xa que en xullo os militares fascistas sublevados contra a legalidade republicana instauraron a ditadura franquista. 
O exército e a igrexa constituíron os piares do novo réxime, no que era constante un sistemático control da poboación e a metódica utilización do terror reprimindo e castigando. Os párrocos convértense nun dos principais instrumentos de información local.
Remitían os informes solicitados polos tribunais militares, que daban fe da consideración de "boa" ou "mala" persoa para o réxime. Os sacerdotes eran os ostentadores da moralidade cristiá que se convertía en oficial para o novo réxime. Xunto aos militares convertéronse nos posuidores incuestionables da "verdade ideolóxica" do sistema.
Permitíanse dirixir e gobernar o seu "rabaño" e comunidade local de xeito absoluto. A provincia de Lugo foi dominada polos militares en poucos días xa que se sublevaran case o 100% dos mandos.
Obsesionados coa idea de acabar co período ilusionante de cambio que votara a poboación, a ditadura fascista realizou unha operación cirúrxica de magnitudes xigantescas e crueis. Na nosa parroquia e noutras veciñas houbo mortos (Xesús Trabada, Xosé Fernández...), presos (Pedro Pereira, Xosé Escobar...), multas (Feliciano Nogueira, Froilán Arias...), xuízos (Arturo Trabada, Enrique Portela...), detencións (dous soldados da Cortevella, outro de Retizós,...) incautacións, traballos forzosos, inhabilitacións para cargos públicos, etc. simplemente por non pensar do mesmo xeito que os fascistas.
A sublevación conservadora do 18 de xullo do 1936 non tivo o poder do noso concello ata o 30 de xullo, cando cesan aos concelleiros, que máis tarde expedientan: Antón Saavedra Díaz de San Paio, Arturo Trabada Ron de Abrairas, Bartolomé Chantres Álvarez de Suagranda, Cesáreo Tellado Fernández da Muíña, Gabriel Mosteirín Díaz de Solleiros, Manuel Álvarez Álvarez do Cádavo, Pedro Agrelo Dourado de Barcia, Xesús Carballedo Fernández de Cima de Vila, Xosé Arias Fernández da Lastra e Xosé Vilares Díaz do Real de Martín todos da Fronte Popular.
Os partidos políticos que había na época da República (Organización Republicana Galega
Autónoma (ORGA), Partido Galeguista...) exclusivamente galegos, é dicir, que non eran
dependentes de organizacións de ámbito estatal, hoxe en día non se presentan ás eleccións.



Foron desaparecendo e aparecendo outros. Por exemplo nas eleccións xerais do 1982 había pola provincia de Lugo: Coalición Electoral Bloque-PSG, Galicia Ceibe, Esquerda Galega e Partido Comunista de Galicia.
Nas eleccións de setembro de 2016 entre partidos de ámbito galego exclusivamente e outros que teñen ámbito estatal, na nosa circunscrición preséntanse un total de 11. 
Por orde de publicación no diario oficial son: 
CONVERXENCIA VINTEÚN (C 21), BNG-NÓS CANDIDATURA GALEGA (BNG-NÓS), PARTIDO ANIMALISTA CONTRA EL MALTRATO ANIMAL (PACMA), PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PsdeG-PSOE), PARTIDO POPULAR (PP), COMPROMISO POR GALICIA (CxG), CIUDADANOS-PARTIDO DE LA CIUDADANIA (C’s), RECORTES CEROGRUPO
VERDE, GANEMOS GALICIA:Sí Se Puede (GAÑEMOS), PARTIDO ANTICORRUPCIÓN
Y JUSTICIA (PAYJ), EN MAREA (EN MAREA).

9 comentarios:

Anónimo dixo...

pois no 2016 en Baleira nas eleccións á Xunta en relación ó ano 2012, o psoe baixou 67 votos, o pp baixou 43 votos, o bng baixou 1 voto, c21 baixou 1 voto e cg baixou 1 voto. Subio 2 votos o pacma. En Marea tivo 58 e C´s tivo 16, que non se presentaran no 2012 non podemos comparar.
Vaia lei electoral tan rara: en total nas catro provincias o partido máis votado só tivo 676.676 votos dos 2.255.756 do censo, pero co 29% do censo ten maioría absoluta....e logo din que todos os cidadáns somos iguais. Quen gañou foi a abstención. Ós que nos abstemos non nos teñen en conta. Non é obrigatorio votar, só faltaría. Vaia estafa de lei electoral

Anónimo dixo...

Pero es lógico que gobierne el más votado
si hay votación y te abstienes el problema es tuyo no dos demás, quien pretendes que gobierne si hacemos caso a la abstención? Supongo que no quieres vivir en la anarquía
Lo que sucede es que nos jode que gane el que a nosotros no nos gusta, tampoco me gustaría a mí que ganasen los nacionalistas ni el pp más es lo que hay.

Anónimo dixo...

Y te digo que yo llevaba varias legislaturas sin votar pero solo pensar que en marea se presentaba me movilizó para ir a votar a cualquiera que no fuese nacionalista, vote a pacma eso si.

Anónimo dixo...

Como non é obrigatorio votar como en Bélxica, Luxemmburto e noutras democracias non é normal nin ético nin moral que ocupen no parlamento todos os deputados. O problema e dos partidos de non movilizar á xente, non dos que nos abstemos. Nesta lexislatura galega habería 48 deputados en vez de 75 deputados, suficientes para gobernar, eu non vexo problemas, e aforrariamos diñeiro para poñer a andar residencias de maiores, ter mellor atenció médica, medicinas gratis

Anónimo dixo...

discrepo con vuestras opiniones el voto tiene que ser obligatorio igual que es ir a la escuela o pagar impuestos, y los nacionalismos que defienden a cada territorio son necesarios, tenéis ahora el caso de la autopista Ap-9, se unieron todos los partidos políticos del parlamento gallego aprobando una ley(los españolistas y los galleguistas) gracias a propuesta de los galleguistas, para reclamar la transferencia y la gestión desde Galicia y no desde Madrid. Pero el gobierno Mariano intenta vetar en el Congreso el debate de una lei aprobada en GAlicia. Pero el gobierno mete dinero de otras autonomias para rescatar a las deficitarias autopistas madrileñas. Es una auténtica TOMADURA DE PELO a gallegos, catalanes y otras comunidades. Al final cada nacionalismo ayuda a los suyos. En Madrid el día 12 que dicen de todos los españoles, ¿habéis visto banderas catalanas, ikurrinas o gaiteros gallegos desfilando por la castellana? Hay estados sin nación como España, y naciones sin estado como Cataluña, Galicia, Escocia

Anónimo dixo...

No he visto esas banderas tampoco la aragonesa ni la andaluza ni la canaria, la bandera española es la que amalgama a todo el estado, otro tema es que a ti no te guste, tampoco nadie te prohíbe ir vestido de chulapo, gaitero o de traje de faralaes ese día ni otro cualquiera.
Si los nacionalismos fuesen eso que dices tendría un sentido pero no lo son solo sirven para enfrentar dividir y señalar, utilizan la lengua como arma y eso no lo puedes negar y yo no quiero eso para mis hijos, quiero que tengan la mejor preparación para la vida que les espera y en eso los nacionalismos están alejados de los ciudadanos, aprender la lengua local si pero dando prioridad a las importantes el inglés, castellano y aleman, que no todos quieren ser funcionarios amorrados al estado que tanyo desprecian, y en el mundo real lo que prima es inglés castellano y aleman, dejo aparte el chino que pasara por encima del redto

Anónimo dixo...

seacabó el negocio de las academias de idiomas, es una pasada el nuevo audífono que se introduce en la oreja y traduce a tiempo real cualquier conversación de quien tienes delante, sea en el idioma que sea inglés, francés, alemán

Anónimo dixo...

Que un estado como o español, (que nin está en conflicto con ningún outro, nin se espera) teña que facer esta demostración tan fútil de forza no doce de outubro sacando o exército, significa que esa unidade do Estado non é máis que eso, unha unidade pola forza das leis. Gasta miles de euros nun desfile e logo na enchedela dos que asisten.
Pero que celebra o nacionalismo español ese día? O día da Hispanidad? Pero se hai varios pobos e nacións no Estado con culturas, idiomas e ideosincrasias propias e diferentes entre si. Ou celebra a cultura da España cañí do flamenco, do machismo, das touradas, santos e curas…
O día da raza española? a península é unha zona de paso de distintos pobos e con diferencias grandes entre zonas
O descubrimento de América? chegaron antes outros pobos. Por outra banda, non semella o mais acaido, festexar a infeliz casualidade que supuxo o exterminio de civilizacións, as masacres, esclavizacións, saqueos e torturas aos que Europa someteu ao continente americano.
Nacionalismo español, non grazas! non quero eso para os meus fillos, quero que vivan en liberdade, e non na imposición dos católicos antiabortistas, antieutanasias,a imposición das corridas de touros, os privilexios aos colexios relixiosos, non quero que me obriguen a non traballar un día como en Badalona, eu o 12 tiven que muxir as vacas, e igual quero descansar outros días e non ese día que me impón o Estado. Non quero o nacionalismo español que nos nega a liberdade e nos asoballa por unha minoria de privilexiados (as castas militares, a casa real, os bispos, e todos os que viven moi por riba das súas posibilidades e das opcións laborais que lles ofreceria o libremercado )que non quere perder o seu status quo. Nacionalismo español todo para vós!

Anónimo dixo...

Em definitiva esto es una cuetion de gustos e ideas, si el estado español me obliga a descansar el 12 de octubre mal muy mal, me estan obligando, pero si me obligan a descansar el dia de la patria gallega muy bien, pues no señores ajo y agua, si estamos para unas cosas tambien para otras.
Sera que nuestros partidos nacionalistas gallegos no llegan la barriga a costa de los sufridos contribuyentes gallegos y del resto de España que aportan al fondo comun, mas amplitud de miras por favor que ya es tiempo de superar complejos.
Ademas en que cabeza normal cabe un estado sin ejercito? lo dicho mucho lumbrera con titulo y bombilla apagada hay en esta nuestra tierra.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...