6 de xul. de 2016

A torre de Millares



Na nosa aldea houbo polo menos unha vivenda con torre. Onde estaría? Habería máis torres? Estaría no lugar do Casón? O Casón está situado no cabo da aldea cerca da escola da Rigueira. Ninguén acorda restos, pero alí tivo que existir unha casa moi grande, un pazo ou similar.


Esta torre aparece mencionada nun foro do ano 1710: "... a doce días do mes de novembro do ano mil setecentos dez ante min escribán e as testemuñas ... aforo e dou en foro ... os bens seguintes = primeiramente unha casa de lousa, pedra e madeira coa súa torre, corredor e as súas leiras sita no lugar de Millares freguesía da Braña ...".
Poden volver a existir na nosa aldea as torres que había dende tempos inmemoriais?
Pois parece que non, pois o Plan Xeral Municipal limita as edificacións na nosa aldea a sete metros. Prexudícanos? Limita o Pxom o noso desenvolvemento?

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...