Casas caídas, vivendas
deshabitadas, valados de pedras soltas derrubados, carreiros e camiños borrados
polas herbas e pola falta de uso.
As casas vanse pechando ao ir
falecendo pouco a pouco os anciáns que moran nelas.
As persoas que emigran vanse
co desexo de volver, pero con frecuencia o retorno dos emigrantes fréao o
interese de estar cos fillos e cos netos enraizados nas novas terras onde
naceron e onde se criaron. Pode ser este o principal motivo que lles impide
volver despois de xubilarse. Mais o desexo de retornar perdura ata o mesmo
intre da morte!
Rexurdirá Millares? Como dixo
o outro, "o mundo dá moitas voltas!". É un misterio que o coñeceremos
algún día!
Para ambientar esta nostalxia
deixamos a canción titulada "Aldea miña" do grupo Xocaloma,
que é considerado o "Mocedades galego". VIVA MILLARES!