06/01/2016

A Medorra das Campas

Este lugar é un dos marcos que hai entre a nosa parroquia e a de Fonteo. 


Situación aproximada: 43º4'19,10''N 7º15'19,07'' a 744 m de altitude.
Por que se chama así? Cando se construiría? Esta medorra aparece citada como límite en documentos hai centos de anos.


Hoxe a uz negra, os toxos e as carqueixas tapan esta construción en forma cónica feita con pedras e terra.




Habería orixinariamente un enterramento prehistórico nela?
É un túmulo relacionado cunha forma de reivindicación de dereitos sobre a terra na que está?
MedorrasSepulcros da época megalítica, características do Neolítico no noroeste ibérico.


As campas: As campas son o plural de campa, lugar onde medra espontaneamente a herba. Próxima á medorra hai unha zona do monte chamada As Campas, onde pastaba o gando dos veciños da parroquia.

20 comentarios:

sondealdea dixo...

Que magoa no haber encontrado una palabra escrita en gallego antiguo en la medorra, sería lo único que necesitarian los talibanes de la lengua para intentar aplastar a los mesetarios asoballadores JAJAJAJAJAJAJAJA perdonar la ironía pero no puedo remediarlo, algunas veces os pasais, será condición sine qua none de los patrocinadores del blog?
Dicho esto me gusta mucho que profundiceis en cosas que la gente de a pie no tiene costumbre de reparar.
Creo haber pasado alguna vez por al lado de la medorra en excursión hacia el repetidor y hasta que no la habeís señalado ni sabía lo que era, ni había reparado en ella, felicitaciones por "descubrirla" a ojos de la gente, me gustan este tipo de historias.

osondaterra dixo...

Un informe do Consello de Europa (organismo da Unión Europea)de novembro de 2015, censurou, unha vez máis, a perda de presenza do galego no ensino e os riscos para o futuro do idioma por mor da política lingüística levada a cabo pola Xunta. Quen queira ler máis:http://praza.gal/movementos-sociais/11022/o-consello-de-europa-recea-do-modelo-plurilingue-que-feijoo-exportou-a-valencia-e-balears/

E quen queira escoitar a esta talibana: https://www.youtube.com/watch?v=nNaXC-NdsbM

Así son as que van de finas co castelán, menospreciando o galego... ¡cólgalle a incultura polas orellas! -e a educación... xa non digamos-. Esta imbécil non é máis parva porque non volve a nacer. Unha pailaroca, das que pensan que non saber o galego é un plus. Onde naceu esta paspana? Manda carallo! Que facha!

Anónimo dixo...

Cuanta cultura estas a demostrar tu insultando a otra persona por tener ideas distintas a las tuyas?
Y no te sonrojas al llamar facha a esa mujer? quien menosprecia aquí a otro por usar una lengua sobre otra eres tu así que haxztelo mirar y busca axuda profesional.
Como te dije te falta educación y cultura y para rematar eres un facha, tu madre estará llorando por parir semejante pailan o pailana si te lee.
Lo tendrás oído mil veces pero te lo repito, primero los derechos lingüísticos de los paisanos y después las lenguas, supongo que vivirás de la imposición sino no se entiende que no pongas por diante los derechos de la ciudadanía a expresarse en la lengua que prefiera y seguro que después pides respeto para el gallego.

Manuel Barreiros dixo...

Non se de que che asustas anonimo, os talibán da lingua son así de fascistas irracionais e ridiculos. Piden respecto para eles e para a súa lingua e non respectan nin aos demais nin ás súas linguas esquecendo mesmo que o castelán e o galego son as dúas linguas do pobo galego gústelles ou non lles guste e contra iso non poden facer nada mais que sufrir e botar escuma pola boca de can rabioso.
Dicho isto esa señora é unha pobre muller á que o cerebro non lle dá para máis igualita que ao noso amigo osondaterra.
Por se alguén ía dicir algo o digo eu, usei un tradutor porque por desgraza non fun moito ao colexio e aínda cando o meu idioma é o galego non se escribir ben do mesmo xeito que tampouco se escribir ben o español pero iso non impide que me senta avergoñado de que alguén discrimine a outro pola súa lingua sexa cal sexa.
Outra cousa que lin na vosa pagina e non me atrevín a comentar, eu nacín no ano 40 nunha aldea do concello de Meira e asisti á escola durante uns 5 invernos onde aprendi a ler e as 4 regras que se chamaban e todo iso ensináronnolo en galego, o español estaba tan fóra das nosas vidas como o alemán.
Una aperta, gustame moito o voso pobo.

FPM dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
FPM dixo...

Os aconsejo escribir en gallego, el castellano se os da muy mal y queda feo y bochornoso leeros. Gracias.

osondaterra dixo...

A esa muller non a insultei. Escribín o que é con varios sinónimos:
imbécil = que ten ou manifesta pouca intelixencia.
pailaroca = de modos pouco refinados.
paspana= que amosa pouca disposición ou intelixencia.
facha = intenta impoñer o seu idioma castelán, coma na época de Franco. A ela o locutor non lle obriga a falar o galego. Pero ela quere obrigar ao locutor a falar o que ela fala e con argumentos estúpidos. Estúpidos = que ten ou demostra moi pouca intelixencia.
Para rematar dicir que eu tamén estou enganchado a este blog, e como todo, hai temas que non me interesan para nada, e outros si que os leo.

Suso dixo...

Volve ler o teu definicion de facha e dime sen reirte que iso non é o que se fai agora mesmo na comunidade galega, tentar obrigar á xente para usar unha lingua só porque os nacionalistas o quereis así.
E dígoche que eu falo galego na miña vida diaria porque é a miña lingua materna non porque me considere máis ou menos galego que ninguén
Pero falareino por elección propia non porque un facha obrígueme a iso se chega ese momento deixarei o galego fóra da miña vida.

osondaterra dixo...

En canto á lingua:
Os idiomas non son dos partidos políticos, agora ben, todos os partidos políticos promocionan uns ou outros idiomas dependendo da ideoloxía de cada un. As persoas utilizan os idiomas que queren, polos motivos que sexan, segundo a cultura e a intelixencia de cada un.
O nacionalismo español identifícase só cunha lingua de primeira, o castelán, que é obrigado coñecer, lémbrese que poucas normas constitucionais enuncian semellante deber e varias linguas de segunda, que no mellor dos casos so teñen o dereito de coñecer. A institucionalización de semellante distinción parece unha agresión en toda regra, por certo, fronte ao estipulado no artigo 139.1 da constitución española que sinala “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigacións en calquera parte do territorio do Estado”.
Deducimos que, un galegofalante non debe aspirar a que os seus fillos sexan escolarizados en galego en Madrid, mentres, polo contrario, un madrileño castelán falante si pode reclamar o dereito paralelo na Galiza.
Os nacionalistas españois máis abertos convirten o bilingüismo no seguinte: permiten que as xentes sexan bilingües onde convén ou, por mellor dicilo, onde non pode facerse outra cousa (Cataluña, Galiza e o País Vasco) sen defender expresamente o emprego das linguas vernáculas, e móstranse orgullosamente monolingües no resto do territorio. O bilingüismo materialízase sempre nun esquema de dereitos desiguais. O nacionalismo ultramontano español tamén fai unha trama onde fala dun presunto retroceso do castelán, etiqueta de mártires aos castelán falantes que habitan en determinados lugares e a ocultar en paralelo a omnipresenza da “lingua común” nas zonas lingüísticas conflitivas.
Esta xente o castelán, eúscaro e galego non o perciben como linguas propias, configuran unha molesta realidade que no mellor dos casos hai que respectar, aparentando que se lle outorga un bo trato. Tamén pensa algún nacionalista español que aínda que as linguas existen, non en virtude de ningún feito natural, senón de resultas da insania agresiva e artificial das xentes que as falan.
O escenario mental dalgunha xente está moi lonxe do respecto.

osondaterra dixo...

En canto ao nacionalismo:
E se o nacionalismo español teima nunha nación española, porque non poden os vascos, galegos e cataláns? Din que se rompe España, que temos que ser todos iguais... Eses que din eso, por que deixan que algúns españois leven o diñeiro a paraísos, que outros non paguen o Ibi, ou outros por ser fillo de papá sexan xefes do Estado, as fortunas tributen unha miseria, os impostos ao luxo baixos, non deixan escoller a morte digna, decidir co corpo dun, divorciarse a un territorio se quere, e non lle impoñen condicións draconianas para a secesión. Os ingleses, aceptan con normalidade a nación escocesa, a galesa, que compitan internacionalmente, ou que poidan facer un referendo para irse do estado inglés. En Alemania cada un dos lander recada impostos por separado, ou nos EEUU os diferentes estados federados gozan dunha ampla capacidade en materia de creación e supresión de impostos.
Por que non publican as balanzas fiscais entre as comunidades? Esquécense por exemplo os inxentes investimentos do goberno central na capital, como dos salarios percibidos pola pila de funcionarios que traballan alí, tampouco hai que olvidar o esquema radial de comunicación que ten como principal beneficiario histórico de novo a Madrid, en detrimento da periferia peninsular.
Compre facerse algunha pregunta delicada, que redistribución de recursos, non é insolidario que da solidariedade económica das rexións españolas só se beneficien outras rexións españolas? Non sería máis solidario que a axuda fóra aos países do terceiro mundo que a necesitan máis que algunha rexión ibérica? Non sería este o deseño menos nacionalista posible?
O nacionalismo español descalifica aos nacionalismos catalán, galego e vasco como egoístas e demandantes de recursos, dise “chantaxe permanente”. Sempre se di que os egoístas son os demáis, significativamente non se escoitaron os mesmos laios cando os gobernantes españois, dun ou doutro partido, pelexan na UE por preservar fondos estruturais e de cohesión.
Un argumento moi cacarexado “todas as ideas poden defenderse hoxe de forma democrática” e logo porque non deixan defender a independencia a quen quere? Ameazando coa expulsión da UE, etc.
Os instrumentos do nacionalismo do Estado español son moi variados: o principal é o sistema educativo encargado de garantir unha universal socilización patriótico-nacional co que manipulan a historia. Tamén está a monarquía, portadora da chama da cristiandade católica e, aos ollos de tantos, intocable. Naturalmente están as forzas armadas garantes constitucionais da unidade de España, produto con toda evidencia dunha presión militar desenvolvida a finais da década do 1970, en momentos delicados, non deixa de ter o seu aquel: mentres por un lado, é lexítimo que se defenda a secesión dun ou doutro territorio, polo outro parece porse sobre aviso, no que respecta ao que lle espera, aos que deciden levala á práctica.
Outra institución decisiva é a igrexa católica. Sen ir máis lonxe Cañizares, arcebispo toledano no 2005 dixo “poño en mans de María Inmaculada a nosa España, que ten á Inmaculada como patroa e cuxo padroado une a todos os pobos de España nunha unidade inquebrantable que certamente está ameazada”.
Tamén, as reais academias, en boa medida encargadas de determinar os canons e acompañadas de todo unha parafernalia de museos, biblioteca e teatros “nacionais”.
Tamén como non os himnos, bandeiras, escudos, festas nacionais, conmemoración, billetes, selos, nomes de rúas, monumentos, esculturas, etc impregnados do emprego profuso de símbolos de moi diverso cariz. A exaltación das virtudes patrias que acompañan cos éxitos deportivos,...
Ao cabo, como dí Le Goff “converterse en señores da memoria e do esquecemento é unha das grandes preocupacións das clases, dos grupos, dos individuos que dominaron no pasado, e dominan no presente as sociedades históricas”.

Suso dixo...

Digo eu que non pensarás que ninguén vai lerse ese discurso estilo Fidel Castro que escribiches.
Repito á miña pregunta: a definición de facha que a ti mesmo fixeches.
Falamos de dereitos das persoas non de dereitos dos territorios.
Unha apreciación: utilizas o galego non pola túa intelixencia senón porque é o idioma que has mamado do mesmo xeito que usas o español porque cho ensinaron no cole e na rúa, non presumas polo que non tes merito ningún.
En canto a porque Euskadi ou Cataluña ou Galicia non poden ser nacións, moi facil, por que a inmensa maioría dos seus cidadáns non quere.
Aos votos remítome, conta os votos a partidos independentistas en Galicia non necesitas ir máis lonxe.
Así de fácil, o teu con esa intelixencia que che arrogas deberías sabelo.

osondaterra dixo...

Eu utilizo a veces o "castellano", pero o "español" non sei que lingua é. Fallouche o subconsciente.....Non o invento, é o que pon a constitución nalgún artigo "El castellano es la lengua española oficial del Estado".
As nacións que nomeas non se votan, xa existen dende hai séculos, e poden ser máis ou menos independentes doutros territorios. Non é o mesmo estado que nación. Tamén se poden inventar nacións como a española. Os fachas por exemplo non recoñecen as tres que nomeas, porque rómpelles a súa idea franquista de "una, grande y libre". Son menos intelixentes que os ingleses. No actual estado español hai polo menos cachos de 5 nacións: a castelá, a catalá, a galega, a occitana no Val d'Aran e a vasca.
Ai, e o tradutor-a que utilizas non é moi bo: ler, mamaches, mérito, fácil...
E non escribo máis porque seguro que meto faltas de ortografía e valas ler.

Anónimo dixo...

español. Para designar la lengua común de España y de muchas naciones de América, y que también se habla como propia en otras partes del mundo, son válidos los términos castellano y español. La polémica sobre cuál de estas denominaciones resulta más apropiada está hoy superada. El término español resulta más recomendable por carecer de ambigüedad, ya que se refiere de modo unívoco a la lengua que hablan hoy cerca de cuatrocientos millones de personas. Asimismo, es la denominación que se utiliza internacionalmente (Spanish, espagnol, Spanisch, spagnolo, etc.). Aun siendo también sinónimo de español, resulta preferible reservar el término castellano para referirse al dialecto románico nacido en el Reino de Castilla durante la Edad Media, o al dialecto del español que se habla actualmente en esta región. En España, se usa asimismo el nombre castellano cuando se alude a la lengua común del Estado en relación con las otras lenguas cooficiales en sus respectivos territorios autónomos, como el catalán, el gallego o el vasco.


Diccionario panhispánico de dudas ©2005
Real Academia Española © Todos los derechos reservados

Baleira no corazón dixo...

Galicia que pena de pobo, prostituído tanto polos españolistas como polos galeguistas que só buscan satisfacer o seu ego e a súa vea fascista.
Mentres o pobo galego só pide que lle deixen avanzar en paz os politicos dun e outra pelaxe esnaquízanse para recoller as migallas e usar á poboación para os seus propios fins.
Quen é un politico para obrigarme a utilizar un ou outro idioma, para decidir en que idioma ou ideologia educo aos meus fillos, vayanse todos á MERDA así con todas as letras.
Saúdos para todos os galegos, Galicia libre de fachas españolistas e galeguistas.
E visto o cariz que toman aqui as cousas hei de dicir que usei o tradutor da Xunta de Galicia, por certo un lixo de tradutor, pero ai! de que vivirian se non tantos centos de filologos galegos que parasitan o publíco
Non teñen máis que repasar en que gastan os nosos impostos os da mesa pola normalización, parasitos impresentables que fixeron do fascismo unha forma de vida e moi boa pra eles e moi cara por certo pra nos.
Case 50 anos vivindo en Cataluña onde emigrei e formei a miña familia e sigo falando en galego sempre que podo, pero non o leguei ás miñas fillas xa que bastante sufriron coa imposicion do catalan y por desgraza cos meus netos sucede o mesmo, obrigados a estudar nunha lingua que non desexan para formar parte das estadisticas dos neo fascistas.
Tan dificil sería deixar que cada pai elixa a lingua na que quere que se eduque ao seu fillo sexa en castelán, catalan, galego ou vasco?
Se relixión é opcional grazas a deus por que non selo a lingua vehicular?, por que a algún se lle desmontaría o chiringuito e iso move moitos cartos.

osondaterra dixo...

Xa me cansa o tema. Esto é o último que escribo, pero necesito escribir moito para dar argumentos, non como outros que o que din son 4 frases típicas de bar ou tertulias de tv españolistas:
1ª mentira: (son os cidadáns os que posúen linguas e territorios): hai sentenzas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos que negan esta mentira por unha elevación ao absurdo. Se existise unha auténtica liberdade lingüística (e non unha desculpa calquera para a imposición do castelán) cada un dos 25 idiomas oficiais da Unión Europea deberían ser válidos en toda Europa para presentarse a unhas oposicións en calquera lugar da Unión. Os galegos por exemplo teriamos dereito a vivir en galego en calquera parte do Estado español porque os dereitos son das persoas e non das linguas?. Se as linguas (en tanto que expresións comúns de conxuntos de cidadáns) non posúen dereitos, debería empezarse por suprimir da Constitución Española toda referencia ao deber de coñecer o castelán. Porque aí si que é evidente que o castelán ten dereitos que se lle negan ao galego. Serían honradas e coherentes as asociacións autodenominadas bilingües de reivindicaren os mesmos dereitos para todos os cidadáns en calquera lugar. Mais só defenden os dereitos monolingües dunha parte dos cidadáns: os que falan castelán; non son sinceras, non son cribles, agochan intolerancia e feroz imposición do imperial español debaixo da fermosa máscara da "liberdade de elección".

osondaterra dixo...

2ª mentira:"quen non somos falantes de galego, catalán, etc non temos a responsabilidade de mantelo e falalo".Entón:
De igual maneira, os que non somos falantes habituais de castelán non teriamos que contribuír cos nosos impostos ao mantemento da TVE1, TVE2, RNE, Instituto Cervantes, Ministerio de Cultura, etc. Que o paguen os que queiran promover o castelán, non os que queremos promover outras linguas. E os que que somos falantes de galego e castelán, teriamos que pagar o dobre? E os que non usen o ensino público nin a sanidade pública, por que teñen que contribuír cos seus impostos á educación ou á sanidade?Como se ve, este argumento non se sostén. Se unha persoa non se move das cidades e non se interesa pola ecoloxía, como tería que facer para que non se detraese dos seus impostos o que se destina á conservación da natureza? Por que tería que pagar servizos de incendios ou sanidade pública se nunca os utiliza? Os ultralibérrimo neoconservadores, adaís do egoísmo máis atroz, está visto que non serven para vivir en sociedade comoa as persoas.

osondaterra dixo...

3ª mentira:"temos dereito a escolarizar enteiramente os nosos fillos na lingua da nosa preferencia, castelán, galego, vasco ou catalán"
Tal dereito non existe, nin no Estado español nin na práctica totalidade dos estados do mundo. Hai numerosas sentenzas(STSXG, STC, STS, STSJC, etc) que negan tal dereito, que suporía na práctica a segregación do alumnado por lingua.

osondaterra dixo...

4ª mentira "defendemos o dereito a elixir calquera das dúas linguas para educar os nosos fillos. Nosoutros sabemos mellor que ninguén o que lles convén aos nosos fillos".
No ámbito da educación son os gobernos democráticos os que deciden a estrutura do sistema educativo, os obxectivos, os currículos, a lingua ou linguas de docencia, etc. Os pais saben mellor que ninguén como son os seus fillos, pero igual non saben moi ben os coñecementos que deberían adquirir, nin a metodoloxía, en función da sociedade onde lles vai tocar vivir. Se non prevalecesen o dereito dos estudantes e si o de pais e nais, posiblemente, as mulleres nunca terían chegado a realizar estudos universitarios.
Xa me canso. Ata nunca!

Anónimo dixo...

Perdon que es vivir en gallego?, entonces reconoceras tambien el derecho a vivir en castellano, vasco, catalan, bable etc......... en Galicia, o eso no entra en tus planes?, explicame como va a ser Galicia un país independiente, si solo lo vais a financiar los GALLEGOS con mayusculas, ya que al parecer los demás no somos gallegos, los que no sentimos que el idioma nos convietta en algo diferente a los vecinos de otras comunidades, Galicia independiente seria un mojon, peor que ahora, una tieerra que solo produce funcionarios, parados y pensionistas, supongo que me contaras el rollo de que eso es culpa de los españolistas mesetarios, pero no cuela, verguenza siento de los Gallegos con mayuscula qu eno estan dispuestos a jugarse un peso de su dinero en crear industrias en su tierra, que facil es criticar a lso demas, esa es ahora mismo la realidad sin cuento sde la lechera.
No eres capaz de entender que el castellano no brilla por que lo dice la CE sino porque la mayoria de habitantes de este pais asi lo decide,
Volviendo al tema, cuantos paisanos gallegos crees tu que pagarian mas impuestos por tener una televison publica gallega?, crees que eso solo lo pagan los gallegos hablantes? por que yo que soy gallego no gallegohablante por conviccion debo pagar una basura de tv en gallego tipo tvg o en castellano t5, antena 3, la sexta, igual me da, con terminos inventados que cualquier abuelo se sienta enfrente y no sabe de que le hablan (tvg), o politizadas hasta dar verguenza (la 1, tele5, la sexta, cuatro)`pagala tu que eres quien las quiere tener.
Cuanto dinero se pierde en asociaciones fascistas como A mesa pola normalizacion, Galicia bilingue, Faes y tantas otras que ni conoceremos, a ninguno nos preguntan si queremos que nuestros impuestos se gasten ahi
Si tu quieres que a tus hijos, si los tienes, los eduquen en gallego eso es lo bueno para ellos, pero si yo no quiero eso, el problems es que no se que es mejor para mis hijos y ahi cuelas el tema del voto y educación de las mujeres, apaga y vamonos.
Me despido igual que tu, hasta nunca, por mas que te joda los gallegos somos bilingues usamos el gallego y el castellano segun nuestras apetencias y necesidades en cada momento y por mas que os empeñeis los herederos de los metodos franquistas no vais a doblegarnos a vuestros deseos, yo me considero gallego, español y nadie me va a decir en que lengua me debo expresar hablaria con mi abuela en su gallego de aldea si viviera, con mi mujer y mis hijos en castellano y en la calle dependiendo de con quien me encuentre usare indistintamente una u otra lengua, al contratrio que tu me siento orgulloso de ser completamente bilingue.
Das pena queriendote vengar de lo que supuestamente te hacen a ti con gnete que no tiene ninguna culpa.
Este mensaje es en contestación ¡ al anterior pero al escribir en la calle desde el mobil me resulta dificil escribir en condiciones, perdonad mis faltas dd ortografia
Vuestro pueblo es precioso como toda Galicia y vuestras historias me emocionan, que pena de Galicia con un pasado glorioso y un futuro arrastrado y atrasado.

Anónimo dixo...

segundo o anterior comentario o nacionalismo "periférico" non é bó, pero o chauvinismo castelán-español é a panacea
cala a boquiña que se che ve o plumeiro antigalego
canto indocumentado anda solto
ignorant!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...