28/01/2016

A alma da aldea

Pedra, lousa e madeira, son os materiais dos que está feita a alma da aldea.
O embrión básico de toda aldea era a casa familiar, a casa de labranza, que se transmitía por herdanza do pai ao fillo maior co desexo de garantir que a supervivencia da casa fose viable e se é posible engrandecida nas xeracións vindeiras.


O fillo nomeado herdeiro, tamén coñecido como mayorazgo casaba cunha muller que ademais de dar novos herdeiros tamén contribuía e moito ao engrandecimiento do fogar, tanto co seu traballo como cos seus propios bens que tamén pasaban a ser parte da herdade.
As pedras das casas, testemuñas mudas do devir dos séculos gardiás de segredos, amores e desamores, nacementos e mortes, xeracións enteiras arroladas entre os seus muros.
Cantos "tesouros" pequenos ou grandes, conseguidos cun esforzo titánico, quedarían esquecidos entre os ocos das pedras antes de que a modernidade convidase a tapalos con cemento condenandoos ao esquecemento.



Imaxinaron algunha vez os construtores desas vivendas que moitos anos ou séculos despois, algunhas acabarían abandonadas e derruidas?. Que os seus descendentes abandonarían o legado polo que loitaron as anteriores xeracións en pos dunha vida mellor? é de supoñer que non, a súa forma de vida ten pouco en común coa época que nós tocou vivir.
Cando as construíron buscaban un lugar para protexerse das inclemencias do tempo, para as súas familias e os seus animais, moi afastado da idea dun fogar que temos hoxe en día onde a nosa casa serve ademais de para protexernos para evidenciar o noso status social.


06/01/2016

A Medorra das Campas

Este lugar é un dos marcos que hai entre a nosa parroquia e a de Fonteo. 


Situación aproximada: 43º4'19,10''N 7º15'19,07'' a 744 m de altitude.
Por que se chama así? Cando se construiría? Esta medorra aparece citada como límite en documentos hai centos de anos.


Hoxe a uz negra, os toxos e as carqueixas tapan esta construción en forma cónica feita con pedras e terra.




Habería orixinariamente un enterramento prehistórico nela?
É un túmulo relacionado cunha forma de reivindicación de dereitos sobre a terra na que está?
MedorrasSepulcros da época megalítica, características do Neolítico no noroeste ibérico.


As campas: As campas son o plural de campa, lugar onde medra espontaneamente a herba. Próxima á medorra hai unha zona do monte chamada As Campas, onde pastaba o gando dos veciños da parroquia.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...