30/09/2015

Expolio


Para manter a igrexa e a monarquía española os nosos antepasados tiñan que dar a décima parte do que producían. Os veciños que tiñan a cambio? Había sanidade daquela? Había estradas daquela?... 


Veciños protestan polo novo imposto da augardente

Por exemplo a nosa parroquia tiña que dar 1070 reais de contribución no ano 1846. Nesta época o concello de Baleira estaba na aldea de Vilaselle. Nunha das fotos hai unha relación dos veciños da nosa freguesía nese tempo. Ata había que pagar imposto pola augardente, bebida usada entre outras cousas para aliviar as dores de cabeza mediante fregas, ou as dores das moas e dos dentes. Non deixaban vivir.




Tantos séculos de asoballamento lograron que Galiza fose pobre: os nosos antepasados durmían en camas de palla ou folla seca, os baños estaban lonxe da casa, a calefacción era o esterco e as vacas que estaban debaixo da habitación, comían todo o mes fervendo verzas e patacas... Na época de Franco fixeron mais os emigrantes por Galiza (mandando cartos, roupa, etc) que este ditador. 

Relación de veciños da parroquia, ano 1846

Non é normal que unha das terras máis ricas de Europa, co mellor marisco do mundo, con recursos enerxéticos, bos e diversos produtos agrarios, onde vive un dos homes máis ricos do mundo, a maioría sigamos saqueados con impostos e dependendo de ineptos.
Teremos algunha vez unha moeda propia?
Necesitamos seguir mantendo a igrexa ou a monarquía?


Segundo R. M. Pirsig, "cando unha persoa sofre dunha alucinación chámase tolo, pero cando moitas persoas sofren de alucinación chámase relixión".
Segundo Robespierre "pódese derrocar un trono pola forza, pero só a sabedoría pode fundar unha república"
Anque estivo prohibida a nosa lingua moitos séculos, os nosos antepasados pasaron de xeración en xeración moitos refráns que nos axudan na vida: o que non sabe é como o que non ve, hai que estarricar as pernas segundo é o leito. 



9 comentarios:

Anónimo dixo...

Quien ha escrito esto? el abuelo racaraca?
Los gallegos hemos y seguimos contribuyendo al sostenimiento del estado al igual que el resto de españoles, otro tema es que nos guste más o menos a donde va ese dinero.
Yo no quiero que mis impuestos que son muchos vayan destinados ni a la iglesia ni a la casa real ni al adoctrinamiento nacionalista en los colegios ni a la imposicion del gallego ni a la del castellano.
Libertad ante todo, y el tema de la galicia asoballada resulta patetico, moneda propia, (el breogán de cobre)? supongo que lo diras de broma.
Que nuestros antepasados malvivian y mal comian pues si, como el resto de seres humanos de su epoca, calefaccion? invento moderno, hace 30 años casi ni existia en la mayoria de hogares de este pais.
Me duele ver que mis compatriotas gallegos por enriba de no quitarse de encima el yugo de la religion se quieran poner encima la cruz de los galleguistas acomplejados nazionalistas, saltar de la sarten al fuego, aunque visto el reves sufrido en cataluña aun veo esperanza.
Saludos.

Acruña dixo...

Sígovos dende A Coruña onde foi hai tres días a reunión da Cede (confederación española de directivos e executivos). Nela estiveron entre outros, o presidente de Telefónica, o de Inditex, o rei Felipe, o presidente Feijoo e outros personaxes. Non faltou o tema miles de veces coreado (hai que traballar máis horas e cobrar menos), outro clásico (os traballadores teñen que prepararse para unha maior mobilidade) A éxtase chegou co xa mítico (hai que alongar a vida laboral). A idea principal foi a de sempre "a austeridade" claro, máis austeridade para os que estamos embaixo; eles continuarán a incrementar benefícios a costa da desigualdade e a explotación.
Lobos famentos con sede de zugarnos o sangue aínda máis. Unha aperta!

interesting dixo...

galicianstate.blogspot.com.es/2015/09/a-mentalidade-prepotente-dos-poderes.html?spref=fb

http://canarias-semanal.org/not/16979/-por-que-la-casa-real-espanola-no-pedira-clemencia-para-el-joven-que-sera-crucificado-en-arabia-saudita-/

http://www.sermosgaliza.gal/opinion/aleixo-vilas/falsa-idea-do-pais-subsidiado/20150724151453039417.html

Loli Fernández dixo...

Quen queira apostatar pode:

A ………………...….………………………………………. bispo/arcebispo titular da diocese de …....
…………………………………….……………...…,
D ………………………..…………..……………. , con NIF nº ………..……….…….……….. , do que achego copia, maior de idade, nado o día …..…. de ……………………….…….…… de ……............ , con enderezo en
……………….…………………..…………….………..…...., na localidade de
……………………………………………………..……..………...….. , provincia de …………….
……………………………….……..…..….. , segundo lle consta foi bautizado o día (se se coñece) …...… de
……….……..………………..…………… de ……….… na parroquia de (se se coñece) …….…………..
……………………………….…..….., da diocese indicada, actuando en nome e interese propio,
estando en pleno uso de súa libre e espontánea vontade,
MANIFESTA
PRIMEIRO.- Que no seu día fun bautizado na fe católica como consecuencia dunha decisión allea á
súa vontade, sen dispoñer naquel momento da liberdade suficiente nin da capacidade necesaria para discernir
un xuízo sobre as súas conviccións persoais, polo que considera nula de dereito a súa adscrición á
Igrexa católica.
SEGUNDO.- Que no exercicio do meu lexítimo dereito á liberdade de conciencia non hai ningún motivo para
seguir figurando como membro da confesión católica, entrando a súa vontade en clara contradición coa
pertenza á devandita organización.
TERCEIRO.- Que a Constitución Española e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos protexe a miña
liberdade para pertencer ou non pertencer a unha determinada asociación, sexa relixiosa ou non
COMUNICA
PRIMEIRO.- Que é a súa vontade deixar de pertencer á Igrexa católica e deixar de constar como membro desta
organización para todos os efectos.
SEGUNDO.- Que solicita formalmente á Igrexa católica que proceda a facer efectiva a cancelación de todos
os seus datos persoais de calquera ficheiro ou rexistro que puidesen acharse no seu poder.
TERCEIRO.- Solicito que me sexa notificado por escrito no prazo de dez días desde a recepción deste
comunicado o resultado da miña solicitude.
Para o que asina a presente en ......... , ....., de ..........de ........

Asinado:
--------------------

Anónimo dixo...

Buenas tardes, me gustaria apuntar un error que me parece haber visto en ese parrafo:
La lengua gallega, vasca o catalana jamás estuvo prohibida a nivel general, estuvo arrinconada de las instituciones, no se enseñaba enel colegio.., nunca a nadie NUNCA se le prohibió en su vida privada relacionarse en su lengua.
Par hacernos una idea de como fue ese asoballamiento que decis solo hay que compararlo con lo que ahora hacen vascos, catalans y gallegos con el castellano, es exactamente lo mismo.
Y nada más lejos de mi intención ofender ni crear polemica, pero creo que hay que empezar a perder el miedo y no dejarnos llevar por las consignas de algunos.
Lenguas que no sirven para unir sino para enfrentar deben desaparecer, este país no ha entendido aún que no se trata de castellano, gallego, catala, etc. sino de personas, en el pais vasco ni tan siquiera el 15% de la población se relaciona entre si en euskera (aún cuando más del 45% lo dominan) y no pasa nada, sus gobernantes lo han entendido sabenque la imposición solo trae rechazo, se conforman con obligar a escolarizar en euskera si o si, en los demás ambitos tienen la batalla perdida y lo saben.
En Galicia no tardará en pasar lo mismo, respeto es lo único que queda y obligatoriedad de los servicios públicos de poder atenderte en la lengua oficial del pais y en la cooficial de la CCAA, en la que el usuario decida, nadie más.
Felicitaciones.

Anónimo dixo...

Que carallo opinas ti ignorante! Xa me fixeches devolver o almorzo! Queres que me ferva a mola?
Estou farta de que me chamen extremista, que digan que porque me criei en galego non sei falar ben o castelán, que me repitan unha e mil veces que o galego non serve para nada, e que debería aspirar a algo máis que a quedarme no país.

Porque é na lingua na que me criei. Porque me sinto cómoda falándoo e escribíndoo.
Porque son galega. Pois esto é o que hai, porque esto é o que son. Se es de Galiza e non me queres oír falar galego non me fales e listo, pero non me insultes.
Porque formo parte dunha nación, que é Galiza e entre esas cousas que facemos está falar galego, formando parte dunha comunidade. Para min quen non fala galego non é un galego de todo.

Eu fáloa porque é a nosa, porque ma transmitiron os que teñen máis anos ca min, porque llela quero transmitir aos que teñen menos, porque a quero compartir cos que veñen de fóra, porque quero que a escoiten os doutros países cando falamos, cantamos, recitamos...porque quero compartir o seu valor con todos os cidadáns do mundo.
Falo o Galego porque é a forma máis natural de comunicarme, porque é o idioma no que penso, sinto e lembro. Mais, por desgraza, moitas veces fáloo coma unha militante da nosa fala, cando de min se espera que renuncie a el. O feito de falar Galego supón un acto consciente de querer facelo. Por iso emprego sempre o Galego e non estou disposto a deixarme colonizar polo castelán. E desexo que algún día, anque non o vexa, Galiza non sexa unha colonia española, senón un estado independente.
Porque si, porque me peta e me dá a gana, e porque son galega e polo tanto non teño nada que xustificar, a non ser que me sinto orgullosa de selo, que amo a miña terra, a miña lingua e a miña cultura, que é a que me permite ver o mundo dende unha óptica propia.
Eu fáloa porque fíxena miña, sen máis, así, natural. Natural do pobo de onde vivo. E se vivo co galego é para falalo. Fáloa porque canto máis castelán escoito nas rúas, máis orgullosa estou do meu galego que non cambio nin nos “bos días”, nin no “hoxe é venres”, nin no “adeus”. Fáloa mentres xanto ou ceo: “pásame o garfo!”, fáloa mentres escoito música: “saca a lingua!!”. Fáloa porque adoro ler en galego. Galego porque é o idioma dos meus recordos, dos meus soños.
Fáloa porque me gusta, porque son galega.

Fáloa porque si, porque me gusta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da lingoaxe.

Anónimo dixo...

A la trastornada anonima anterior, un consejo: medícate.
Mis padres tambien son gallegos, aunque emigrantes en Madrid y me transmitieron el gallego y el castellano, el amor por Galicia y por Madrid y sobre todo el respeto a los demás, cosa que a ti los tuyos no te los debieron transmitir porque no sabian ni lo que era, ves lo facil que es insultar?.
Con gente como tu no es extraño que muchos piensen en los gallegos como catetos y acomplejados, cosa que me jode mucho, aflojate la boina y sal a ver mundo, y por favor no te reproduzcas no es necesario transmitir tu retraso a otra generación.

Anónimo dixo...

Perdón se me olvido comentarlo, quien piensas que eres para que alguien se moleste en perder un momento de su tiempo en criticar que lengua usas, habla, piensa e insulta en la lengua que prefieras pero no nos aburras a los demás con tus paranoias, resultas inculta y acomplejada, lo tienes todo nena.
Disculpas por el espectaculo al resto de españoles galego hablantes y castellano hablantes.

Anónimo dixo...

Que noxo, hai moito español con LSD das masas (Fútbol) e algo de Memoria de Opio de Incultos (Relixións diversas)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...