30 de set. de 2015

Expolio


Para manter a igrexa e a monarquía española os nosos antepasados tiñan que dar a décima parte do que producían. Os veciños que tiñan a cambio? Había sanidade daquela? Había estradas daquela?... 


Veciños protestan polo novo imposto da augardente

Por exemplo a nosa parroquia tiña que dar 1070 reais de contribución no ano 1846. Nesta época o concello de Baleira estaba na aldea de Vilaselle. Nunha das fotos hai unha relación dos veciños da nosa freguesía nese tempo. Ata había que pagar imposto pola augardente, bebida usada entre outras cousas para aliviar as dores de cabeza mediante fregas, ou as dores das moas e dos dentes. Non deixaban vivir.




Tantos séculos de asoballamento lograron que Galiza fose pobre: os nosos antepasados durmían en camas de palla ou folla seca, os baños estaban lonxe da casa, a calefacción era o esterco e as vacas que estaban debaixo da habitación, comían todo o mes fervendo verzas e patacas... Na época de Franco fixeron mais os emigrantes por Galiza (mandando cartos, roupa, etc) que este ditador. 

Relación de veciños da parroquia, ano 1846

Non é normal que unha das terras máis ricas de Europa, co mellor marisco do mundo, con recursos enerxéticos, bos e diversos produtos agrarios, onde vive un dos homes máis ricos do mundo, a maioría sigamos saqueados con impostos e dependendo de ineptos.
Teremos algunha vez unha moeda propia?
Necesitamos seguir mantendo a igrexa ou a monarquía?


Segundo R. M. Pirsig, "cando unha persoa sofre dunha alucinación chámase tolo, pero cando moitas persoas sofren de alucinación chámase relixión".
Segundo Robespierre "pódese derrocar un trono pola forza, pero só a sabedoría pode fundar unha república"
Anque estivo prohibida a nosa lingua moitos séculos, os nosos antepasados pasaron de xeración en xeración moitos refráns que nos axudan na vida: o que non sabe é como o que non ve, hai que estarricar as pernas segundo é o leito. 



3 de set. de 2015

Un prezo digno para unha vida digna

DENDE LUGO, POLA PERMANENCIA DO RURAL.
NÓS APOIAMOS OS GANDEIROS.


Tanto de noite coma de día, a loita continúa:














Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...