06/07/2015

O Valado



Non temos muralla coma os chinos pero case. Vese a vista de paxaro.
No norte da nosa parroquia, dende tempo inmemorial existe un valado que marca o límite entre a nosa freguesía e a de Retizós. Cando se levantaría? Canto tempo lles levaría? 


Esta construción ten máis ou menos un metro de alto e medio de ancho. A lonxitude é de 1 quilómetro dende o pico do monte ata o fondo. Case é unha liña perfecta con rumbo de oeste a leste. Empeza na Rea de Penas e baixa ata As Valiñas.


Nalgúns sitios está algo deteriorado, pero esperamos que non se desbarate, pois é parte do patrimonio de todos.



Os materiais que utilizaron nesta estrutura para delimitar esa "fronteira" foron: chantos, pedras, terra e terróns.


3 comentarios:

FPM dixo...

Iste balado foi levantado por os veciños de San Romao pertecente ista alde a feligresía de Santa Mª Magdalena de Retizós.
e casi todo de terra e pódese apreciar a zanxa donde se sacou a terra para formar o balado e ista está na parte do monte da Braña, por iso se entende que foi levantado o balado por os veciños de San Romao.
Non figura ningunha muralla, se debe simplemente a labores de pastoreo e labranza, como sucede en moitos puntos da Galiza. Recordar os cerres de chantos e paredes de pedra que se atopan separando leiros e prados.
Tamén no norte de Europa , podemos atopar construcions de este tipo, caso de Irlanda, Noruega e moitos mais lugares da Europa de campo.
saudos a todos vos.

de Montecubeiro dixo...

Cando vaia de vacacións ireino ver, en que ano o fixeron?

por.millares dixo...

Descoñecemos o ano de construción, se alguén o sabe podería facer o favor de informarnos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...