15/05/2015

Imposicións

Outro ano máis chega o Día das Letras Galegas e os informes din que o galego retrocede de forma alarmante ano tras ano.
A chamada democracia española prohibe a lingua propia de Galiza coma no franquismo? Ou é máis sutil? A democracia exclúe, a ditadura prohibía.
Outro ano máis chega tamén o tempo de facermos a declaración da renda ante a Axencia Tributaria española. Pero atopámonos con que a administración española vulnera os dereitos lingüísticos da cidadanía. Chamade ao teléfono de información ou de cita previa, descargade o programa informático Padre da renda, consultade os manuais de axuda, etc. En que idioma están?
Cómpre lembrar que a Administración do Estado ten a obriga de atender en galego aos cidadáns do país que así o pidan en Galiza, segundo establece a Lei 30/1992, o texto básico do procedemento administrativo público no Estado.
O Estado español ademais de impoñernos o imposto imponnos o idioma castelán.
Galiza necesita actuacións políticas urxentes e decididas para que a doenza que padecemos non sexa irreversible e o noso País agonice. Necesitamos un potencial clínico e farmacolóxico abondo para practicar unha terapia total contra a destrución de sectores clave, a malversación dos recursos básicos, o sacrificio da nosa etnia, o saqueo do noso patrimonio, etc.
Somos indíxenas capaces de pensarmos por nós propios. Estamos colonizados pero parece que temos amnesia.
Só a batalla pola nosa autodeterminación como pobo, orientada cara á independencia, suscitará respecto cara a nós e os nosos dereitos cívico-políticos, pois o españolismo rancio só respecta a quen teme. É mágoa, non obstante é así.
Outros exemplos de imposicións diversas nos últimos séculos:
Vídeo do control dos medios: 

Traslado a Bonaval dos restos de Castelao

Segunda conta X.B.T, cando foi o traslado dos restos de Castelao a Galiza no 28 de xuño do 1984, o gobernador civil da Coruña dera orde de interromper a retransmisión cando a policía cargaba violentamente contra a xente que esperaba a chegada de Castelao. O director da televisión Alexandre Cribeiro rexeitou esa orde e foi cesado meses despois como represalia pola súa actitude. E a locutora que falaba Tereixa Navaza, dende aquela foi vítima de discriminacións laborais.

Imposto das patacas na parroquia de Fonteo.

Imposición de soster os soldados do cuartel de Ferreiros.

Imposición do idioma no franquismo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...