21 de dec. de 2014

O Apalpador

O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se xantaron abondo e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero vasco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.
No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar os nenos.


Vaite logo, meu meniñ@                               Xa chegou o día grande
marcha agora para a camiña                       día do noso Señor.    
Que vai vir o Apalpador                               Xa chegou o día grande
a apalparche a barriguiña.                            e virá o Apalpador.  
                                                    ***
 Mañá é dia de cachela,                                Por aquela cemba
que haberá gran nevarada                          xa ven relumbrando
e há vir o Apalpador                                   o señor Apalpador
cunha mega de castañas.                            para darvos o aguinaldo.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...