8 de xul. de 2014

II República


 Por escaso tempo, a nosa terra coñecera uns esperanzadores anos de liberdade entre o 1931 e o 1936. 
 A proclamación da República o 14 de abril de 1931 abriu unha marcha ascendente cara á modernización e a construción dunha sociedade máis xusta e dona de si. Promulgouse unha constitución de amplo contido progresista (igualdade do home e a muller, divorcios, dereitos dos fillos nados fóra do matrimonio,...), recoñecemento de liberdades individuais e colectivas (imprenta, reunión, asociación, sindicación, ...), establecemento dun sistema político pluralista, etc. A sociedade galega converteuse en dinámica no económico e as melloras sociais ensaiábanse con ánimo colectivo. As mulleres votaban e participaban da renovación que gozaba o conxunto da sociedade. Comprobamos por exemplo que antes da república as mulleres de Millares non votaban. Eliximos ó azar o censo electoral do 10 de abril de 1918 e vemos que só aparecen como electores os varóns maiores de 25 anos (artigo 1 da lei electoral de 1907), concretamente en Millares os seguintes:

Emilio Brañas                 
Diego Carballedo                                                                Censo electoral de Baleira
Enrique Carballedo                                                                             año 1918
Bonifacio Castro
Lisardo Castro
Jesús Dorado
Leonardo Fernández
Pedro Gallego
José Gómez Cedrón
José Gómez Valiño
Manuel Gómez
Cándido González
Francisco González
José González
Antonio Menán
José Menán
Manuel Menán
David Millares
Enrique Pereira
Daniel Pérez
José Pérez
Ramón Pérez
José Rego
Emilio Rico
José Trabada
Manuel Trabada
Primitivo Trabada
Faustino Valdeiglesia
Jesús Valdeiglesia.
Coa República avanzouse tamén na ciencia, no ensino, e abríanse novos camiños para a arte, a literatura, o cinema, etc. Os sindicalistas, os agrarios, republicanos e galeguistas lideraban un cambio tanto para asentar os avances sociais como para conquistar as liberdades nacionais do pais.
O Estatuto de Autonomía da Galiza plebiscitouse o 28 de xuño do 1936 e a vitoria foi contundente.
Reformáronse cuestións fundamentais que atrancan o desenvolvemento do país: o atraso agrario, o problema militar (inflación do nº de oficiais e carácter reaccionario do exército), o problema eclesiástico (separación de Igrexa e Estado, liberdade de cultos, suxeición da igrexa á lexislación civil, prohibición de aquela de exercer o ensino e actividades económicas), reforma educativa (ensino laico e obrigatorio, dotación de escolas, alfabetización, extensión cultural) etc.
Pero todo o progreso, mutilárono os militares e os seus aliados sociais e políticos que organizaron un golpe de estado.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...