21 de xul. de 2014

Día da patria galega



No afán de querermos contribuír á recuperación da nosa memoria histórica, hoxe falamos do Día da Patria Galega tamén coñecido como Día Nacional de Galiza. 
O 25 de xullo, celebramos o día do noso país, en palabras de Castelao: "a festa maior de Galiza, a festa de tódolos galegos". O eixo central desta conmemoración é a reivindicación dos nosos símbolos e a nosa identidade coma país: declaracións institucionais, bandos municipais chamando ós veciñ@s a celebralo día, poñendo a bandeira galega nas rúas e balcóns, conferencias, mitins, manifestacións populares de carácter reivindicativo, etc. As orixes desta celebración remóntanse ó 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galiza como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
Varias veces a nosa Patria intentou recuperar a soberanía nacional.
No século XIX, tralas reformas do goberno español, concretamente no 1833 Galiza desaparece nominalmente como reino e pasará a ser un termo estritamente xeográfico sen ningún tipo de institución propia. No 1846 fórmase na cidade de Santiago unha Xunta Superior do Goberno de Galiza, que reclama autonomía respecto ao poder central e unha serie de reformas de corte progresista.
Un parágrafo da Proclama da Xunta Superior do Reino de Galiza:

«(...) O pobo conquistará nesta revolución o que lle teñen arrebatado os cómicos dos pronunciamentos: pan e dereitos. Galicia, arrastrando hasta aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai levantarse da súa humillación e abatemento. Esta Xunta, amiga sincera do país, conságrase a engrandecer o antigo reino de Galicia, dando proveitosa dirección ós numerosos elementos que atesoura no seu seo e levantando os alicerces dun porvir de gloria...»

A revolución prende nas principais cidades galegas, pero o movemento remata por ser derrotado polas tropas do goberno español de Narváez. 
Na vila de Carral tras un xuízo, son asasinados o 26 de abril de 1846, os coñecidos como Mártires de Carral. Galegos que se converteron, en iconas da loita polos dereitos de Galiza, en Mártires da Liberdade, como loce no monumento memorial que hai no lugar onde foron fusilados.


No século XX, concretamente o 27 de xuño de 1931, Alonso Ríos é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. A declaración dun Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril galego, deixando sen traballo a 12.000 obreiros. Pero o goberno de Madrid reanudou a obra do ferrocarril, evitando que a insurrección se expandira. O movemento, perdeu forza e a I República Galega chegou así, ao seu fin. 






8 de xul. de 2014

II República


 Por escaso tempo, a nosa terra coñecera uns esperanzadores anos de liberdade entre o 1931 e o 1936. 
 A proclamación da República o 14 de abril de 1931 abriu unha marcha ascendente cara á modernización e a construción dunha sociedade máis xusta e dona de si. Promulgouse unha constitución de amplo contido progresista (igualdade do home e a muller, divorcios, dereitos dos fillos nados fóra do matrimonio,...), recoñecemento de liberdades individuais e colectivas (imprenta, reunión, asociación, sindicación, ...), establecemento dun sistema político pluralista, etc. A sociedade galega converteuse en dinámica no económico e as melloras sociais ensaiábanse con ánimo colectivo. As mulleres votaban e participaban da renovación que gozaba o conxunto da sociedade. Comprobamos por exemplo que antes da república as mulleres de Millares non votaban. Eliximos ó azar o censo electoral do 10 de abril de 1918 e vemos que só aparecen como electores os varóns maiores de 25 anos (artigo 1 da lei electoral de 1907), concretamente en Millares os seguintes:

Emilio Brañas                 
Diego Carballedo                                                                Censo electoral de Baleira
Enrique Carballedo                                                                             año 1918
Bonifacio Castro
Lisardo Castro
Jesús Dorado
Leonardo Fernández
Pedro Gallego
José Gómez Cedrón
José Gómez Valiño
Manuel Gómez
Cándido González
Francisco González
José González
Antonio Menán
José Menán
Manuel Menán
David Millares
Enrique Pereira
Daniel Pérez
José Pérez
Ramón Pérez
José Rego
Emilio Rico
José Trabada
Manuel Trabada
Primitivo Trabada
Faustino Valdeiglesia
Jesús Valdeiglesia.
Coa República avanzouse tamén na ciencia, no ensino, e abríanse novos camiños para a arte, a literatura, o cinema, etc. Os sindicalistas, os agrarios, republicanos e galeguistas lideraban un cambio tanto para asentar os avances sociais como para conquistar as liberdades nacionais do pais.
O Estatuto de Autonomía da Galiza plebiscitouse o 28 de xuño do 1936 e a vitoria foi contundente.
Reformáronse cuestións fundamentais que atrancan o desenvolvemento do país: o atraso agrario, o problema militar (inflación do nº de oficiais e carácter reaccionario do exército), o problema eclesiástico (separación de Igrexa e Estado, liberdade de cultos, suxeición da igrexa á lexislación civil, prohibición de aquela de exercer o ensino e actividades económicas), reforma educativa (ensino laico e obrigatorio, dotación de escolas, alfabetización, extensión cultural) etc.
Pero todo o progreso, mutilárono os militares e os seus aliados sociais e políticos que organizaron un golpe de estado.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...