2 de xuño de 2014

O Palleiro



Cal sería o último palleiro de Millares? 
Son símbolos de máis de tres mil anos de historia. O palleiro faise ó aire libre na aira, non na beira das vivendas polo perigo dos lumes. Ten sección circular e no fondo múlese con canas ou paus para illar a palla da terra. No centro do palleiro vai un pau espetado no chan que apunta ó ceo. Cando sae a palla da malladora os mozos agarran cunha corra un feixe de palla e lévana ao palleiro subíndoa por unha escada. Os palleireiros van armando a palla ben igualadiña uns arriba e outros arredor repenando (quitando palla arredor). É esencial que o palleiro non colla a auga de inverno. A palla ponse co couce cara a fora. No cume o remate é piramidal e asegúrase a palla contra o vento cuns veos (aros de  palla). O remate é a parte que mellor se presta ó adorno e depende do xeito e gusto do palleireiro.
Raza:
"Can de palleiro": é unha raza de can de tamaño medio de orixe galega, chámase así porque adoita durmir onda o palleiro. 
No ano 2001, publícase o estándar oficial da Raza, e é recoñecida oficialmente polo Ministerio de Agricultura como raza autóctona de Galicia.
O nome oficial da raza é Can de Palleiro, pero a raza adquiriu outros nomes cos que a xente coñece este can popularmente:
PalleiroPalleiránPalleiriño, Pastor GalegoCan do gandoCan dás vacas, Can dá casa, Lobeiro...
Canción:
Fuches ti, fuches ti, o que fuches cagar ó palleiro, fuches ti fuches ti, por que levas as pallas no cu.
Frases:
O palleiro vello logo se queima.
As pallas ao palleiro e as galiñas ao galiñeiro.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...