11/12/2013

Escolas de ferrado

Dende 1857 ata ben entrado o século XX, o ensino primario, foi deficitario nas zonas rurais pola pouca atención e escasas posibilidades do Estado.
A Lei Moyano, determinaba que en cada pobo de 500 habitantes, habería dúas escolas públicas elementais, unha de nenos e outra, aínda que incompleta, de nenas.
Pois ben, en 1908 non existía máis que 1,4 escolas por cada 1000 habitantes.
Os contidos que se transmitían naquela escola eran pobres, con material didáctico escaso e en mal estado.
As linguas autóctonas non se utilizaban, por considerarse idiomas incultos, amén do férreo centralismo de entón, e por se iso fose pouco, en 1924 durante a ditadura de Primo de Rivera, os contidos educativos e o persoal docente, foron sometidos a un estreito control ideolóxico, que se reactivou nos primeiros anos do franquismo, nos que foron depurados e/ou perseguidos numerosos profesores, que se substituíron por mestras formadas nas escolas normais.
Se a isto lle sumamos, o desleixo institucional cara a determinadas zonas do país, encontrámonos co caso da Galiza rural, miles de aldeas nas que miles de nenos e nenas non podían acceder á educación, aí é onde se fan imprescindibles as chamadas escolas de ferrado.
Chamábanse así, as escolas que eran sostidas polos labregos, normalmente
 o pagamento do ensino facíase en especie: un ferrado de centeo, de trigo ou millo por alumno e ano.
Ademais da cantidade estipulada, fose en especie ou en metálico, o escolante tiña dereito, polo menos cando se tiña que desprazar, a unha cama para durmir e á comida, ben fose sempre na casa dun veciño ou sucesivamente nas de todos os contratantes.
Funcionaban nos meses de inverno, xa que durante o resto do ano había demasiado traballo que facer no campo e tanto o mestre coma os nenos eran necesarios para axudar nos labores.



Escola pública de Millares na que aínda se conserva o escudo oficial.


No ano 1876 había no concello de Baleira, 22 escolas desta natureza, das que 17 eran de tempada e as outras 5 ambulantes, ou sexa que non tiñan un local fixo, senón que os mestres daban clase indistintamente na casa dun ou outro veciño. Alí ensinábaselles principalmente, a ler, escribir, matemáticas básicas e o catecismo.
As persoas encargadas do ensino, os chamados escolantes, adoitaban ser mestres sen titulo, que malia os seus poucos medios e ás veces limitada formación realizaban un labor marabilloso e valioso, contribuíndo a facer posible a difusión entre as clases máis humildes, da escritura e da lectura.
Nun primeiro momento, para a aprendizaxe da lectura, non se usaban libros senón outros artigos dispoñibles ou elaborados polo mestre, tales como encerados de lousa e táboas do mesmo material e as chamadas "cartas", que eran manuscritos onde figuraban dende letras e silabas, ata palabras e textos máis ou menos longos.
Tamén se usaban documentos persoais dos alumnos, como cartas propias das casas, permutas, compravendas, testamentos....
En Millares, como no resto de aldeas da zona, tamén existiu a figura do escolante, un deles foi o Sr. José María Gómez Lombardero que deu clase en Millares e A Braña durante varios invernos, antes e despois da guerra civil española.
Tamén sabemos, que na década de 1920, deu clases en Millares, unha mestra orixinaria de Andalucia, o seu nome quedou no esquecemento, ao igual que o de tantos outros mestres que intentaron levar un pouco de luz ás vidas das xentes das aldeas, con medios case inexistentes, pero co afán de ensinar o pouco que eles sabían.
Nunca se lles recoñecerá suficientemente o impagable labor que desenvolveron.




Nunha paxina do libro, Escolantes e escolas de ferrado, do catedrático Narciso de Miguel, (Cádavo, Lugo, 1955), recóllese unha fotografía de tres escolantes, que hoxe son historia; O da esquerda, o xa citado José María Gómez Lombardero, deu clases no Val durante oito ou dez anos, oito ou dez invernos de clases intensivas.
Era o que había entón, e peor foi noutros lugares, que nin escolas privadas tiveron!.
No centro o seu fillo, Gómez Vilabella; e á dereita, outro escolante José Manuel Miranda Fernández, que ensinou na parte de Adai, e posteriormente foi mestre substituto do titular nas escolas públicas de Pombal e Sarceda, en Montecubeiro.




O señor José María de Gómez, que era como se lle coñecía, tamén redactou e dirixiu algunhas "corridas" ou "sentenzas do galo", celebradas por aqueles anos nesta zona, espectáculo carnavalesco e satírico no que se condenaba a un galo por certos vicios habituais entón, entre eles un considerable machismo.
Seu fillo, Xosé María Gómez Vilabella, escritor, autor das obras "Historias intra da bisbarra", "Aqueles mestres", "De mámoas e talaiots", "A Mestra das saias longas", entre outras moitas, zoqueiro, mestre, investigador..., poderiamos seguir enumerando as súas obras, oficios e inquietudes durante horas, puxo tamén escola en Librán nas casas de Dominguez e do Pequeno, no inverno de 1947/48.
Montecubeiro destacou na nosa bisbarra cos seus mestres de "aferrado", debido ao efecto cultural que traían do seu convento de frades dominicanos.

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Lexislación represora española contra o ensino en galego: 13-10-1925 unha real orde prohibe nas escolas os libros que non estean redactados en castelán, incluíndo a ameaza de castigar duramente os mestres que non cumpran esta orde. Outras leis de 1926 sancionan a quen non usen o castelán con ata 5000 pesetas, e ameaza ós ensinantes con traslado forzoso, a provincias onde non exista un idioma distinto do oficial. Nosa anos 40 e 50 os seminarios galegos enchense de rapaces do rural, son os centros máis baratos para unha gran parte da poboación carente de recursos. Estes centros convértense en grandes represores da lingua galega que por outra parte, era a lingua propia da maioría dos seminaristas, así o di Carlos Casares: cada vez que dicías unha verba en galego tiñas que escribir cinco mil, dez mil veces "no hablaré gallego, no hablaré gallego, etc". No 1979 varios profesores foron denunciados ante a inspección educativa por impartiren as súas clases en galego. Actualmente no século XXI seguimos con discriminación e represión do galego polos gobernantes que temos.

Anónimo dixo...

interesante o que dí esta estudante sobre a escola actual: http://silledaasferreiras.blogspot.com.es/search/label/porque%20me%20peta

sondealdea dixo...

Alucino co meu amigo anonimo, son galego, vivo en Galiza, falo en galego, cando vou ao médico aténdenme na miña lingua e no banco, no bar e no concello.
Os meus dous fillos pequenos, 5 e 7 anos, falan en galego na casa e na escola, curiosamente é na rúa onde máis se lles escapa o castelán, e eu quero que coñezan e falen perfectamente o idioma represor como dis, que o falen tan ben como a súa lingua materna que é o galego.
Non vexo por ningún sitio a represión nin a discriminación á que aludes, paréceme que a ti te gustaría que o castelán desaparecese de Galiza e séntoo por ti pero non vai suceder, se adoitas viaxar polo resto do país, sobre todo comunidades con lingua propia, verás do que che falo, de liberdade, se vas ao país vasco podes pasar alí unha semana sen oir unha palabra en vasco, iso si, todos os carteis, avisos, sinais, están escritos nas dúas linguas, pero a poboación elixe en que fala e maioritariamente elixe o castelán, igual en Cataluña, aínda que eles son moito máis fascistas nese sentido que os vascos.

Hugo dixo...

Disculpen que no escriba en gallego pero no lo se, entro todas los sabados a este blog y lo ojeo en castellano y en gallego ya que no se hace tan dificil entenderlo.
He viajado por placer muchos años a Galicia, he estado en todas las provincias varias veces, con amigos y con mi familia y siempre me he sorprendido de que la inmensa mayoria de personas hablan en gallego, en la calle y en comercios, bares.
Cosa que como bien dice mi antecesor no sucede en Euskadi ni en Cataluña, comunidades a las que viajo mucho por mi trabajo, aun mas si a mi en San Sebastián un camarero se dirige a mi en vasco, me doy la vuelta y me voy sin consumir, pero no temas, no te encontraras a nadie asi, por tanto no considero que en Galicia se coarte la libertad del que quiera hablar en gallego, a no ser que algunos quieran blindar su libertad a costa de menguar la de los demas, es decir algunos a lo mejor desean que solo se hable gallego, no creo que en ninguna otra ccaa se haga tanto uso del idioma propio como en Galicia.
Saludos para todos los gallegos y perdon si alguien se siente ofendido, no es mi intencion.

Anónimo dixo...

sondealdea, eu non dixen que non se aprendan outros idiomas, cantos máis saibamos mellor, pero en Galiza temos o noso propio e témolo que defender. Que malo hai en usar o idioma dun. Cando vaias a España falas o castelán, o inglés ou o que queiras, e en Galiza o que queiras tamén, pero os galegofalantes somos parvos se cambiamos de idioma aquí, pois o galego enténdeo todo o mundo. Cómo ven dí Hugo, que parece que non naceu nesta terra "no se hace tan difícil entenderlo". O que dis de que non ves discriminación pode ser certo nunha aldea, anque a xente xa usa moitos castelanismos pola influencia do ensino castelanizador e os medios de comunicación, cantos hai en castelán e cantos en galego? Non importa que se fale nas aldeas o galego, se a maioría delas van camiño do enterro. A maioría da poboación vive nas cidades. Se tanto viaxas (anque penso que vives na cidade), nas cidades galegas comprobarás como os nenos fillos de galegofalantes falan en castelán, e os seus pais tamén llelo falan (a maioría) será porque teñen complexo de ser de aldea e falan o castelán porque lles parece máis fino. Ah, e coñezo varios casos de fillos de baleirenses, que viven nas cidades de Galiza (y les hablan el castejano). Evidentemente son libres de falarlles no que queiran, pero non sei porque renegan do seu idioma se os entenden sen problemas os veciños castelánfalantes. Tamén observarás, que moitos maiores, cando falan nunha tenda por exemplo ó mercar algo, nótaselles o acento galego e daste conta que son galegofalantes, porque logo cando saen da tenda, falan en galego ca xente coa que van. Poñeríache moitos exemplos a diario. Se realmente vives nunha aldea non o percibes a diario. Pero no teu escrito dame que metiche unha falta típica de quen se fai pasar por galegofalante, pero non o é. Penso que se che vé o plumeiro. Non te preocupes, que con tódalas canles de tv en castelán menos 1, tódolos periódicos, revistas etc en castelán, non vai desaparecer. E logo dis que non hai discriminación hacia a nosa lingua.... Por favor sen seri@. Se consultas os estudos sobre a evolución do uso do galego, a política que fai este goberno da Xunta españolado, ou se vas ó xulgado, a un notario, facer un contro da luz, do gas, etcccccccc que idioma é o asoballador? Non soñes. E o que pasa noutras nacións como no País Vasco ou Cataluña: O do idioma, deféndeno a tope, por exemplo teñen inmersón lingüistica en Cataluña, ou no País Vasco a posibidade de estudar case todo en vasco para o que queira. E en Galiza qué? ah niso non te fixas. Tampouco te fixas na pila de industrias e vida económica que teñen esas nacións, etc. Porque non todo é defender o idioma. Fíxate nas cousas positivas e que poden ser interesantes para que Galiza medre, non nas cousas negativas doutras nacións. Non sei que tanto adoran a Madrid, algúns se nos foden continuamente (é patético ter xefes do Estado que naceron aquí e que tiran pedras contra o seu pais (Franco,Rajoy). En fin.

Anónimo dixo...

Curiosidades: o "Reglamento de 1825" advertía ós maestros que "nunca castigaran con saña, ni usando palabras soeces y humilladoras" e que "en los castigos aflictivos se cuidará de no hacer lesión alguna a los niños". Por tanto non se prohibía o castigo "aflictivo", senon o ensañamento, recomendándose ademáis ós mestres que procurasen non deixar marcas que os delatasen.
En canto ás escolas de ferrado, din nalgúns libros que os pais preferíanas porque os escolantes non obrigaban ós seus fillos a que falaran o idioma castelán".
Máis antigamente xa Frei Sarmiento no século 17 dicía:"no pocas veces he pensado en cuál ha sido la causa de que en Galicia se haya introducido el uso o abuso de escribir en castellano, lo que antes se escribía en latín o en gallego...No habéndose, pues, precedido ni Concilio ni Cortes ni consentimiento uniforme de los gallegos para actuar, otorgar, comerciar en lengua castellana ¿quién lo introdujo? La respuesta está patente: no los gallegos, sino los no gallegos, que a los principios del s.XVI inundaron el Reino de GAlicia, no para cultivar sus tierras, sino para hacerse carne y sangre de los mejores, y para cargar con los más pingües empleos, así eclesiásticos como civiles; esos han sido los que por no saber la lengua gallega, ni por palabra ni por escrito, han introducido la monstruosidad de escribir en castellano, para los que no saben sino el gallego puro. Esta monstruosidad es más visible en los empleos eclesiásticos"

Lucía dixo...

es un tema interesante el de la educación, yo puedo hablar de los inspectores de educación, me tiene comentado un familiar que estuvo en Galicia, que en ocasiones los caciques obstruían la labor de Inspección porque los inspectores no siempre estaban en las mejores condiciones para combatir el caciquismo, ya que accedían al cargo no en virtud de una oposición, sino del "libre favor ministerial", por lo que no podían malquistarse con aquellas personas de quienes dependía su estabilidad profesional. Finalmente los maestros no siempre facilitaban el trabajo de los inspectores. Los privados no deseaban ser visitados, pues sabían que sus prácticas pedagógicas no se ajustaban a los criterios sostenidos por la inspección. Por su parte, los maestros públicos solían recibir a los inspectores con el respeto que la autoridad de los mismos les inspiraba, aunque el hecho de conocer con antelación el momento de la visita les permitía adoptar ciertas cautelas para evitar que estos funcionarios detectasen determinadas deficiencias. Sigo el blog de vez en cuando, a ver si para la próxima vez puedo escribir en gallego (estoy haciendo un curso).

JUANCARLOS1º dixo...

los españoles somos más listos que los gallegos http://www.youtube.com/watch?v=hWXIngZuKSI

Anónimo dixo...

vaia paletada de blog, estades mellor durmindo ou traballando noutra cousa. Teño unha amiga nos servizos secretos que volo vai jaquear

Undazona dixo...

A ken non lle guste a web, non é obrigatorio vela e non fai falta insultar komo estes 2 komentarios, ¿ignorancia?

por.millares dixo...

Para el "anonimo" anterior a este comentario:
Desde este blog, se respetan y aceptan todas las opiniones, siempre que respeten al resto de participantes.
Si a ti no te gusta el blog, o te parece una paletada como dices, no pierdas tu tiempo aquí ni hagas que lo pierdan los demás.
Mejor aprovecha tu tiempo durmiendo o trabajando, o ejerciendo de 007 con tu amiga del servicio secreto.
Saludos.

sondealdea dixo...

Lucia, me da que tu escrito se le ha pasado al anonimo defensor del idioma a ultranza.
porque "no teu escrito dame que metiche una falta típica de quen se fai pasar por castelán falante", no se si está bien escrito, ya que soy galego, domino mi lengua materna pero no la hablo, mucho menos la suelo escribir excepto en ocasiones en las que me apetece.
Ese me tiene comentado, me tiene contado, me tiene dicho, es típico del gallego que se empeña en hablar en castellano, discriminas tu propio idioma?, esa expresion no se usa en castellano.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...