27 de nov. de 2013

Unión de Labradores de Baleira

No noso concello, ao igual que noutros, tamén se configurou unha asociación de labradores.
A chamada "Unión de labradores de Baleira", constituíuse como sociedade, con sede no Cádavo, cunha duración ilimitada, e segundo o seu regulamento, non podería disolverse nin aínda por acordo da asemblea, mentres se opuxesen a iso sete asociados.
Os fins da agrupación serán: o económico e o instrutivo.



Para a consecución do fin económico procurarase, entre outras accións:
-fundar cooperativas
-crear establecementos de sementais
-protexer os asociados
-solicitar a construción de vias de comunicación e demais obras públicas
-establecer unha caixa rural de aforros e prestamos
-evitar toda loita entre o capital e o traballo










Para a consecución do fin instructivo, procurarase, entre outras:
-xestionar a creación de escolas e bibliotecas
-velar pola libre emisión do voto
-intervir para que a repartición de tributos se faga de xeito equitativo












Para a consecución dos seus fins, esta agrupación, poderá federarse con outras similares e establecer pactos con elas, realizando labor conxunto, tamén poderá afiliarse a un partido político determinado autenticamente republicano.




E non podiamos deixar de facer mención ao acontecido na parroquia de Montecubeiro, onde a represión foi dura, aquí castigouse cruelmente a defensa dos dereitos dos labradores.
Durante a II República, Montecubeiro foi unha parroquia moi activa, e nela formouse unha anticaciquil Unión de Labradores, que mesmo chegou a fundar unha pequena biblioteca popular na súa sede.
Ao igual que noutros lugares de Galiza, a represión foi máis cruel e desapiadada canto máis activo e liberado era o lugar.
Entre agosto e outubro de 1937, varios veciños e veciñas da parroquia, foron covardemente asasinados en virtúd dunha lista facilitada, parece ser, polo cura local e por algún falanxista da zona.



O monumento, levantado de costas á igrexa e de cara á antiga casa da Unión de Labradores, leva inscrito os nomes de victimas, dous deles a día de hoxe aínda descoñecidos.

Ademais do odio previo, produto da actividade sindical destes labradores, os franquistas temían que se formase na parroquia un foco guerrilleiro apoiado polos veciños, despois de que o lider da Unión de Labradores, Bonifacio Sarille Lenceiro, fuxise ao monte con dous compañeiros.
Entre victimas as, estaban tres mulleres, hoxe coñecidas como Las Amapolas de Montecubeiro, Virxinia Meilán Varela, costureira,Carmen Sarille Lenceiro, nova irmá do lider sindical fuxido e Manuela Graña Rico, mozo esquerdista, cuxo delito foi falar en público nalgunha ocasión.
Tamén foron executados Manuel López López, labrador, Antonio Pereira Calderón, directivo da Unión, Manuel Graña Rico e José Graña Rico, irmáns da moza esquerdista, José Veiga López, muiñeiro, José Palmeiro Valcárcel, fillo dun mestre paseado en 1936, Argimiro Rico Trabada, mestre en Baleira, salvaxemente torturado antes de ser rematado cun disparo de escopeta.



Entre os toxos, sobre a neve,
na seca e nas enxurradas,
tres amapolas iluminan noite e día Montecubeiro,
Virxinia, Carmen, Manuela.
Eran fermosas como petalos.
Perduran como penedos.

Estrofa do poema dedicado por Claudio Rodriguez Fer, ás tres mulleres asasinadas en Montecubeiro, "entre os toxos, sobre a neve, na seca e nas enxurradas, tres papoulas iluminan día e noite Montecubeiro,VirxiniaCarmenManuela. Eran fermosas como pétalos. Perduran como penedos"

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Parabéns polo blog, apúntovos outros datos: Contan en: http://www.agamfec.com/pdf/CADERNOS/VOL18/vol_4/Humanidades_2_Cadernos_Vol18_n4.pdf que houbo dous médicos represaliados en Baleira (José Escobar e Feliciano Nogueira). E no libro de Carlos Velasco dí que o tesoureiro da Unión de Labradores de Baleira, Julio Fernández Vega estivo no cárcere. Os fascistas tamén expedientaron á xestora municipal composta por sete labregos e un industrial: Pedro Dorado Agrelo, José Arias Fernández, Bartolomé Chantres Álvarez, Gabriel Mosteirín Díaz, Cesáreo Tellado Fernández, Arturo Trabada Ron, Manuel Álvarez Álvarez e José Vilares Díaz.
Á dereita nunca lle gustou que o pobo progresara, quería seguir tendo á xente debaixo do xugo para seguir aproveitándose deles, utilizando o exército e a igrexa para "controlar"

anónimo 2 dixo...

NO CÁDAVO TEMOS A RÚA ESCOBAR, A RÚA NOGUEIRA, E PARA CANDO RÚAS DOS OUTROS REPRESALIADOS (ARXIMIRO RICO, JULIO FERNÁNDEZ, ....) QUE CASUALIDADE QUE QUERÍAN ACABAR CON XENTE QUE SABÍA (MÉDICOS, MESTRES, INDUSTRIAIS......)

Anónimo dixo...

Este mensaxe va dirigido a anonimo 1, estoy de acuerdo con el todo, solo un apunte donde dice que a la derdha no le gusta que el pueblo progrese, es cierto, pero a la izquierda tampoco, solo debes mirar a Andalucia, un pueblo que está sometido por la izquierda desde hace lustros, el más atrasado de todo el pais, con el paro más alto, el grado de incultura más elevado y comprada su volluntad con el PER.
Tanto para la dercha como para la izquierda, no somos más que instrumentos para repartirse el poder.
No nos engañemos, la izquierda española siempre arruina el país y la derecha le da la puntilla.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...