03/09/2013

Imposto polo xabón

Parece que por usar xabón había que pagar un imposto no século XIX. 
Sería xa un IVE? Canto nos tocaría en Millares?. 
Este documento do ano 1833 detalla:



"Nas conferencias tidas entre D. Francisco Xabier Rancaño, apoderado da parroquia de San Miguel da Braña da xurisdición de Neira de Rei, e o comisionado neste partido do empresario D. Jaime Ceriola, visto o estado da súa poboación, quedou que a devandita parroquia, debía pagar ao ano polo consumo de xabón, a razón de catro marabedís libra, a cantidade de sete reais e dez e oito marabedís, en equivalencia dos once e dez marabedís cota que sinala a presente partilla do Señor intendente, cuxo pagamento debe facerse na forma seguinte.
Ao ano 7.18.
Ao terzo 2.17
En cuxa conformidade e convenio asinamos a presente demostración en Lugo a 28 de decembro de 1833."
                              Juan Cuesta          Francisco Xabier Rancaño

3 comentarios:

Guillermo dixo...

Nada novo baixo o sol.
Os de abaixo, estamos nada máis que para servir aos de arriba.
E isto non ten visos de cambiar, país durmido e abotargado como poucos.

Anónimo dixo...

ata por mexar poñerán un imposto. E que con tanto sobre...

Guillermo dixo...

O peor é que dá igual que sexa con sobres en referencia ao pp, ou con eres, en referencia ao psoe.
Deixaremos de lado, por non afondar no tema, ao resto de partidos, iu, bng e demais, que ao final son máis do mesmo.
Todos están aquí para enriquecerse a custa do sufrido contribuínte.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...