10 de xul. de 2013

Oficios tradicionais II

OS PESCADORES
Outro oficio que ten risco de desaparecer na nosa aldea, é o de pescador. 
En Millares, quedan algúns pescadores que antigamente ían ó Río Eo a pescar troitas ou anguías, no tramo que discorre pola parroquia de Cubilledo, que é o máis próximo ó noso pobo.

Río Eo

A troita, reprodúcese no inverno, de novembro a xaneiro.
A anguía é un peixe que nace no mar dos Sargazos, cando chegan ás costas de Europa soben polos ríos a alimentarse, logo dun tempo, inician o seu descenso cara ó mar para inicialo viaxe de volta ó mar dos Sargazos onde logo de facer a posta, morren. Este peixe pode avanzar por terra firme sobre todos nos días chuviosos para pasar dun rego a outro.



Segundo a lexislación galega actual, como norma xeral a pesca da troita é do 1 de maio ao 31 de xullo e unha dimensión mínima de 19 cm. A cota máxima de captura por persoa e xornada: 10 exemplares. Os engados artificiais autorizados son: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais e semellantes. En canto ós engados naturais: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural. Só poderán empregarse anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan na normativa.



En canto á anguía, na última tempada, vedouse a súa pesca en todas as augas continentais da Galiza e en todas as fases do ciclo vital da especie, incluíndo en todo caso os exemplares denominados comunmente como angula ou meixón.
Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos estatais ou galegos.
Nos coutos de pesca, serán tamén inhábiles os xoves, agás festivos estatais ou galegos.
De conformidade co disposto no artigo 31.3 da Lei de pesca fluvial, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois do solpor.
Como regra xeral, e para todas as especies, só se autoriza a pesca con cana. Na última tempada estiveron vedados uns 10km no nacemento do río Eo.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...