27 de maio de 2013

Carlismo

Sufrimos o carlismo en Millares? Os nosos veciños téñennos contado que nesa época os nosos antepasados fixeran zulos ou covas próximos ó pobo para esconder alimentos e utensilios dos saqueos.
X. R. Barreiro conta que “a pesar do apoio explícito do clero (máis de cincuenta clérigos morreron coas armas na man ou foron fusilados), dun sector importante da fidalguía e dos empregados da administración señorial, o carlismo fracasou en Galicia pola falla de apoio popular”.
A actividade guerrilleira dos carlistas foi moi localizada, nunca conseguiron liberar ningunha zona do país. Os fracasos parece que teñen que ver ca súa táctica militar seguida e polo mínimo apoio popular. Nos seus manifestos sempre aludían á defensa da dinastía carlista e o integrismo relixioso.



Houbo tres guerras carlistas: 1833-1840, 1847-1848 e 1872-1875. 
A continuación expoñemos as faccións carlistas das que temos datos, que actuaron na zona (Castroverde, Burón) e puideron “pasar” por Millares.
Primeira guerra: 1833-1840
En 1834 hai unha facción operando en Castroverde formada por 15 homes. Na zona de Burón operaron tres partidas a partir do ano 1834. O líder dunha delas alcumado “O evanxelista” ou “Mosteiro” porque era natural de Mosteiro, foi asasinado no 1838 perto da Fonsagrada polos soldados dunha patrulla. A facción de “O Coxo” ou “señorito do Bullán” morreu nunha acción militar en 1837. Por último, a facción do “Pena” caracterizábase por cortarlles as orellas ós sospeitosos de espías.
Segunda guerra: 1847-1848
Nos primeiros días de xaneiro de 1847 fórmanse na zona de Burón pequenos grupos carlistas, formados por carlistas indultados na guerra anterior e que recrutaban xente. Ofrecían 300 reais na zona da Fonsagrada polo enganche na facción e un salario diario de 6 reais, máis a comida (en Santiago ofrecían tamén 6 reais).
En febreiro aparece unha facción ó mando de Monasterio e Bermúdez, que prácticamente non tivo repercusión porque os xefes foron capturados en marzo.
Terceira guerra: 1872-1875
O dous de agosto de 1873 unha partida carlista apodérase en Castroverde de 1.000 pesetas e 260 quilos de tabaco ó grito de “viva Carlos VII e Pío IX”.
O que fora párroco de Seixosmil, frei Gregorio, forma unha facción que constituíu unha partida caracterizada por unha extraordinaria mobilidade. Foi unha das primeiras que se levantou en 1873 e chegou a ter 100 homes. O 20 de setembro de 1873 ataca Castroverde e subtrae 10.000 reais, con el estaba Manuel Osorio, xefe doutra facción, unha das máis importantes do carlismo galego.

1 comentario:

XULIA dixo...

O clero e a igrexa metidos nas guerras, sorpresa?. Existe un abismo entre o que predican e o que fan, xa o dí o refrán: "Unha cousa é predicar e outra dar trigo". Unha mostra de como a igrexa está apegada á vida material: "A Deus rogando e negociando". O anticlericalismo dos nosos refráns mostra claramente un antagonismo de loita de clases. O clero aparece como unha especie de casta dominante, con poder e rica, que vive regaladamente e que, para colmo, explota a miseria e a ignorancia da xente mediante rogativas e dezmos. O que máis quentaba o sangue dos nosos antepasados era a astucia, a hipocresía de que se valían para manter vivos os seus privilexios, e que se resumen en dous: "Fai o que di o fraile, e non o que fai" e "Do fraile toma o consello e non o exemplo".
Os frailes con ganas de limosnas e que ían aos pobos para sacar aos campesiños os dezmos das súas pobres colleitas, por eso o pobo, queríaos nos conventos "O morto no cementerio, e o fraile no mosteiro"
Refráns que condenan a hipocresía, santuronería e naturalmente a falsa relixión:
"Cara de beato e uñas de gato" "Nin beber auga de fociños, nin muller de moitas cruces" "As beatas teñen o demo entre as patas"
Refráns "curiosos"en castelán: "Más querría mis tierras cagadas de culo de oveja en redil y aprisco, que saludadas por mano de obispo" agora dous edulcorados "Amor de monja, y fuego de estopa, y viento de culo, todo es uno" e "Amor de monja, y pedo de fraile, todo es aire"
Chegaban incluso a roubar? hai un refrán que indica " El fraile predicaba que no se debía hurtar, y el tenía en el capillo el ánsar"

Outro: "Bien ayuna quien mal come".
(Non se pode esixir xaxuar aos que habitualmente comen menos do que ordena este precepto.
Outros:
Casado delgado y fraile tripón, ambos cumplen con su misión.Clérigo con anillo, o tonto u obispo. Clérigo que fue fraile, ni amigo ni por compadre. Clérigos, frailes y pardales son tres malas aves.Con militares, frailes y gatos, pocos tratos. Con una misa y un marrano hay para un año (Sobra misa y falta marrano.)Fíate de la Virgen y no corras (No basta rezar sino evitar el peligro.)Un convento da un limón, pero a cambio de jamón.Sol madrugador y cura callejero, no puede ser bueno.Quien dijo frade, dijo alforja y fraude, etc

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...