01/05/2013

Autodeterminación

Outro tema de actualidade que nos afecta na Galiza e a autodeterminación. 
Na vixente constitución española de 1978 excluíuse o dereito de autodeterminación, no artigo 2 di “a constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e indivisible de todos os españois”. 
Por se fora pouco, outro artigo constitucional ameaza que será o exército español o garante de tal unidade de España. A ninguén se lle escapa que a identidade galega transcende a actual ocupación do estado español, e que por encima de séculos de intentar por tódolos medios a súa desnacionalización, Galiza permanece viva no século XXI e reclamando o lugar que lle corresponde nunha nova Europa. 


Os galegos conservamos a nosa idiosincrasia particular por encima de todos os avatares da nosa historia. Galiza mantivo ó longo do tempo uns trazos de identidade sobre os que se foi desenvolvendo ata chegar á actualidade. A lingua galega, é un dos factores mais importantes do sentimento nacional galego por selo idioma soporte do pensamento e sobre o que se desenvolve a forma de ver e entendelo mundo. Por medio do idioma as galegas e galegos mantivemos a nosa cultura ó longo da historia, ademais dunha mentalidade diferenciada dos españois, por exemplo, no falar: botei patacas do país, xantamos pan do país, etc). É un feito constatado que chega á actualidade que sempre que se intentou disolver Galiza, atacouse ó idioma galego. Á nación que se lle priva da súa lingua altéraselle a mentalidade.
Se un galego non fala galego (polo motivo que sexa: inercia noutra lingua, preguiza, prexuízo, etc) pero tampouco respecta a quen o fala, nin defende o xusto equilibrio e normalización de usos entre as linguas oficiais, nin quere que os seus fillos falen ben tamén o galego, menospreza a quen usa o galego e non toma partido pola lingua do país desfavorecida e asoballada (xustiza, sanidade, etc) segue sendo un galego, pero un galego renegado que padece a síndrome de Michael Jackson, o negro que non quería ser negro, que renegaba dos seus, que quería ser branco e derivou nun triste androide.


O castelán chega a Galiza imposto polos cargos públicos casteláns (bispos, abades, notarios, militares,etc), cando os postos dirixentes en Galiza foron ocupados por persoas de fóra, unha minoría elitista e urbana que nunca pasou do 3% da poboación e que sempre renegou de Galiza. Entre cargos foráneos e galegos castelanizados non chegaban ó 10% da poboación hai menos de 100 anos. Estas clases dirixentes foráneas sempre foron unha minoría postiza. O castelán, orixinario de Castela, impúxose por presións na nosa terra, non polo desexo de que así fose. Ningún cambia de lingua na súa terra por gusto nin por comodidade, senón por circunstancias coercitivas. O partido político que goberna Galiza actualmente toma medidas, como xa dixemos noutro artigo deste blog, en contra do noso idioma galego. Fíxosenos moito dano e séguesenos perseguindo na nosa propia terra. 
Dous exemplos da ditadura: no 1955 nunha folla distribuída por toda Galiza dicíase “hable bien, sea patriota, no sea bárbaro. Es de cumplido caballero que usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino”. 
No 1967 Manuel Fraga ministro franquista ameaza con pechar un xornal en Galiza se lle outorgan un premio a un artigo escrito en galego. O director do xornal, foi multado con 50.000 pesetas da época.

Se usas o castelán non estás marcado, se usas o galego estás marcado por unha chea de prexuízos aínda existentes; ou esquerdista, ou cultureta, ou rural, ou pailán, ou inculto, etc. Aínda é moi difícil usar libremente o galego ou acceder libremente a el en diversos eidos sociais; xustiza, administración estatal e autonómica, medios de comunicación, mundo laboral, etc. Queremos a nosa lingua como queremos ós nosos pais ou ós nosos fillos; porque son nosos; e abonda.
Mentres todos os cidadáns non sexan libres para usar a lingua da súa preferencia en igualdade de condicións, non haberá cohesión social posible.
Galiza ten un dereito fundamental que é ser dona absoluta de si mesma. É necesario poder gobernarnos nós mesmos, democráticamente sen dependencias alleas. Hai que romper as cadeas da globalización, para poñer a sociedade por riba dos mercados.
Os democratas españois non poden negarnos ó pobo galego a existencia do dereito de autodeterminación. Pois se ó pobo galego se nos impide decidir sobre si mesmo, as relacións constitucionais non están basadas na liberdade e no respeto mutuo entre os pobos, se non na imposición.
O dereito de autodeterminación é o que corresponde a todo pobo para optar a permanecer nun Estado concreto ou ben, formar un diferente, e ten que ser competencia exclusiva das cidadás e cidadáns de Galiza.
No 1945 a Carta das Nacións Unidas recolle entre os seus fins “desenvolver relacións amistosas entre as nacións, fundadas no respeto do principio da igualdade de dereitos dos pobos e do seu dereito a dispor de si mesmos”.
A creación de novos estados é unha realidade, en Europa creáronse 16 novos estados en dúas décadas. Todos estes estados progresan e ningún deles se arrepinte de acadar a independencia. En Galiza necesitamos reducir os niveis administrativos, costosísimos e ineficientes: os custes do goberno central, as deputacións e as delegacións do goberno central hai que eliminalas.  Tamen necesitamos un poder xudicial propio e que a última instancia sexa un Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. 
En definitiva recoñecer, a posibilidade de modificar o marco da relación con España sempre que os cidadáns galegos mostremos unha vontade clara, é dicir, establecer libremente a nosa condición política prevendo así mesmo o noso desenvolvemento económico, social e cultural para poñer fin ó colonialismo, subxugación, dominación e explotación extranxeira.
Os galegos, vascos e cataláns, estamos no noso dereito de abandonar o Estado español, no que nos meteron contra a nosa vontade, fai máis de 500 anos, violando os máis elementais dereitos humanos, humillación e espólio.
A Constitución non é a biblia, e anque o fora, todo o mundo non cré en Deus e non por eso deixan de ser humanos e pertencer a un pobo.

15 comentarios:

XULIA dixo...

Eu sempre dixen que a miña casa quería governala eu e que non ma governase o meu veciño... A opresión colonialista de Galiza, non só se manifesta no aspecto político senón no económico e social. A mortalidade máis catastrófica que padece Galiza no século XVII e XVIII non son as pestes, senón as relacions sociais e a dependencia colonial: fames, levas para Flandes, para a mariña de guerra...Só para a guerra dos trinta anos Galiza contribúe con 68000 homes, hai estudos que din que con motivo da guerra de Portugal entre 1640 e 1688 hai 200.000 mortos. Para a guerra de sucesión española, levas duplicadas de máis de 4000 homes de 1701 a 1704.¿Non acabaron por seren os donos da terras galegas os mosteiros casteláns, a nobreza castélán, ou a nobreza ausentista castelanizada e cortesán en Madrid ou Valladolid?¿Quen foron ou aínda son os donos do mosteiro de Oseira, do castelo de Lemos, da Torre de Andrade, Pazo de Oca, etc?O estado, as ordes monásticas con capitalidades fora de Galiza, e a nobreza ausentista cortesana, cando non extranxeira de seu, consumiron e drenaron cara a fóra unha parte moi importante do excedente xerado pola poboación traballadora galega.¿Quen é dono da rede de represas hidroeléctricas do sistema Miño-Sil, do caolín de Burela, ? Por pór outro exemplo, se a gandeiría galega, puidera terse surtido dende o século XIX no mercado internacional de graos, como o fixo a danesa daquela, en vez de aturar o proteccionismo cerealista do sistema aduaneiro español establecido para o monocultivo castelán, moi outra podería ter sido, se cadra, a realidade actual do noso sector agrario.

Anónimo dixo...

Para Xulia, en que imos basear a economia dese novo país independente?
Ou iso non é o importante? ou o importante é só ser unha nación aparte e basear o noso orgullo de país na paletada de que temos idioma propio?, todas as nacións do mundo estiveron en menor ou maior grao supeditadas a otras,a o longo da historia.
Sendo serios e vendo a situación de Galiza, o paro que temos, sen industria, máis xubilados que cotizantes, vós os independentistas teneís un plan, creible e con futuro?
Porque non se che esqueza, que o emprego o crean nun 80% os cidadáns, coas pymes, pequenos negocios e demais, non todo o malo vén do goberno central.
Supoño que a túa, tan concienciada como estás, estarás xa a crear emprego para o teu país, arriscando o teu diñeiro nese proxecto.
A túa liberdade de falar en galego ou en latín, remata no momento en que queiras imponermelo a mi, se non só estamos copiando o que os outros nos fixeron a nós, como a ti te obrigan a falar en castelán (non se quen) queres obrigarme a facelo en galego.
Iso ten un nome.

XULIA dixo...

Anónimo: non te poñas nervioso/a, non pasa nada se algún día chega a haber na Galiza unha maioría nacionalista aplastante como hai noutras nacións, como o País Vasco ou Cataluña. Por que será? Non se vai obrigar a falar o idioma a ninguén, nin se vai prohibir entrar ou saír do país, non se vai deixar de comerciar co resto do mundo ,non se van cortar as autovías en Pedrafita e na Gudiña, por Deus!! etc. Non tiremos pedras contra a nosa terra. A lenda urbana ou o mito de que somos talibáns, etc gústalle moito explotalo a certas formacións políticas. Vascos e cataláns defenden o seu, e aquí, algúns/has están pensando sempre en Madrid. Cando nos deamos conta que podemos facelo como eles, Galiza avanzará, ou será demasiado tarde. O que non chora non mama, non hai peor cego co que non quere ver, etc
En canto ó idioma ben sabes que o galego está en inferioridade e é menospreciado (ti mismo insultas chamandolle paletada, da a impresión que nos infravaloras os que o queremos usar, ou que nos queres acomplexar por usalo, etc): mira, a constitución di que debemos de conocer o castelán, e o estatuto en canto ó galego di que temos o dereito de coñecelo e usalo. Que idioma está imposto? Están os dous en igualdade? Eu non dixen que quero obrigar a ninguén a usalo, non sei de onde o sacas, como ti ben dis, non hai que desexar ós demáis o que non se quere para un. Sabes que na escola, non temos opción de levar libremente, aos fillos como teñen no País Vasco a escolarizar case integramente no idioma propio?sabes que os nenos e nenas case ningún fala galego na cidade? van falando o galego por ter pais galegofalantes e veñen falando o castelán?por que será?
No tema económico, sabes que hai nos partidos nacionalistas galegos, varios economistas entre os seus afiliados, polo que eles son os que saben do tema e os que propoñen as propostas. En calquer caso mirando os seus programas electorais pódese ver o que propoñen para ese caso concreto que ti estás moi interesado (e eu e todos) e que vexo moi normal. Pero non vou copiar aquí todos as propostas de tódolos partidos. Finalmente penso que deberiamos probar a ter un goberno nacionalista maioritario en Galiza (a época do bipartito e tripartito non vale para comparar, pois era o psoe o que tiña maioría e non chegaron a agotar os 4 anos das dúas veces) durante dúas lexislaturas (como ten agora Feijoo, ou cando tivo Fraga) e comparar, periodos similares. Digo 8 anos porque nese periodo pode verse realmente se hai diferencia, ou son todos iguais. E todos din que non lles chegan 4 anos para aplicar os cambios. Logo, se estamos peor ós 8 anos pois cambiar de partido.

Brais dixo...

Xulia, non perdas o tempo con quen non razona, está claro que Galiza, se tivera un goberno nacionalista durante estes 30 anos de democracia estariamos mellor. Pois os deputados galegos non estarían sumisos ao que lles dí o seu xefe en Madrid. Temos exemplos en Galiza de concellos que están gobernados varias lexislaturas seguidas por nacionalistas, e non ocorreu nada “catastrófico” do que pregonan os medios de comunicación ó servizo do goberno especialmente: lobotomía, abecedario, pope, etc. O problema no noso país é que hai unha “élite” minoritaria nostálxica de tempos pasados, pero que manipulando e con outras accións consigue a maioría dos votos no rural, o que segundo os entendidos chámase caciques. Se fora por algúns/has, nen poderiamos expresar libremente as nosas ideas nestes foros, ou noutros medios de comunicación. Se case non nos permiten manifestarnos pacíficamente, nen facer folgas para esixir melloras nas condicións vitais. Canta mala fama dan os “escraches”. O que se mete en política ten que estar ás verdes e as maduras, a naide o obrigan, e ten que ser consciente de que vai ter críticas boas e malas. A rúa é pública. Meteuse algún “escracheiro/a” no salón da casa dalgún político? En fin... Fixádevos como queren eliminar o aborto, pero que se cren? Que exista este dereito non obriga a facelo á xente que pola razón que sexa non queira. Cómo poden quitar unha opción á xente que queira? Cómo poden obrigar a unha muller a ter un feto que non desexa? É o colmo meterse na vida individual de cada un.
Aos velliños contrólanse mellor, todos sufriron a pésima educación da dictadura, e a maioría non anda polas “redes sociais”. E como na Galiza abundan maiores... Por outra parte, fixádevos o que facían na URSS, deportaban a rusos a outras repúblicas soviéticas para que a poboación nas repúblicas fora heteroxénea e non houbese forza e unión á hora de reinvendicar melloras, etc, o mesmo que fixo Franco aquí, instalou fábricas en Barcelona, Bilbao e Madrid, para levar de “escravos colonos” a galegas e galegos, e así intentaba quitarlle forza ó nacionalismo vasco e catalán e de paso baleirar Galiza de xente nova e reivendicativa. Todo está estudado.
Posto que non podemos fuxir dos que desprecian a Galiza, o mellor é sabelos tratar con intelixencia e minimizando o seu efecto negativo en nós. Parafraseando un dos ditos xeniais de Oscar Wilde: tratemos ben os nosos inimigos. Non hai nada que os enfureza máis.

imanol dixo...

Xulia, una apreciación, en el país vasco no tenemos el derecho de escolarizar a nuestros hijos integramente en euzkera, tenemos la obligación, ya que no hay practicamente opción a la escolarización en castellano con el euskera como asignatura.
Yo que soy nacido y residente en el país vasco, respeto su idioma y sus costumbres, pero no se me respeta a mi, ya que mis dos hijos están obligados a cursar sus estudios obligatorios en euskera si o si.
Nos hacen lo mismo que denuncian que el gobierno español les hace a ellos, como se comprende esto?
Libertad? cual, la de ellos?

Suso dixo...

Desde el momento en el que se utiliza el idioma como un arma pierden toda legitimidad.
Recorren el mismo camino que recorrió el franquismo avasallando e intentando minorizar a quien no quiera usar el gallego.
Respeto para los demás el mismo que exigen para ellos.
Cansado estoy de que me etiqueten de mal o buen gallego por usar el castellano como única opción.
Libertad y respeto para todos.

Imanol dixo...

No se puede sostener un idioma artificialmente, metiendole cantidades ingentes de dinero, los idiomas solo salen adelante si las personas deciden seguir usandolas, todo lo demás es artificio.
Los idiomas y los territorios no tienen derechos, solo los tienen las personas, y las personas ejerceran el derecho a usar la lengua que prefieran pero sin imposiciones.
A lo largo de los milenios, han desaparecido o evolucionado millares de lenguas, que hacemos? empezar todos a usar el latín qye es madre de nuestras lenguas?
Saludos a todos.

Anónimo dixo...

Pareceme que los amigos Xulia mas Brais han bebido de la fuente inspiradora del racista Castelao.
Tnato para la guerra de Portugal como la de secesion Española los que iban o que llevaban, porque casi todos iban obligados: gallegos, extremeños, castellanos,
luchaban juntos como españoles no se hacian a si mismos diferencias que hoxe queremos agrandar, no tenian conciencia nacionalista.
Estamos no siglo xxi no en el sigo xv, avanzad de una vez y no dejeis que vuestra bilis os consuma.
Una aperta.

Anónimo dixo...

Estimados, ou non, orgullos@s:
Eu por exemplo non votei a unidade española e non me colleu a man Franco para pedirme que mantivera a unidade dese raro país. Cando se votou a constitución eu estaba máis preocupado por ver "Los payasos de la tele" como están ustedes? A infancia ensinoume a apreciar a arte dos pallasos, pero descifrar o artigo 2 “la Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles” Anos despois descubrin que a poboación de pallasos é maís numerosa do que pensaba. A unidade de España non vale a pena defendela. Quizais é máis necesario defender o respecto. Por exemplo, o respeto a expresar a disconformidade con esa suposta unidade. Porque, esto da unidade é algo como a Santísima Trinidade: un misterio. Que che digan que Deus é un ser único que existe como 3 seres distintos… non sei… para unha película de ficción… pode ser... O da unidade é moi complicado de entender, consultando a Wikipedia por "unidad de España" saen en imaxes moitos animais (polos, touros...)Se busco “nacionalismo español” pon: "es el movimiento social, político e ideológico que conformó desde el siglo XIX la identidad nacional de España".¡¡¡Século XIX!!! Parece ser un sentimento bastante novo. Entón non entendo como a intelectual Aguirre dixo “España es una gran nación con 3.000 años de historia. Eso lo tienen que saber los niños”. Postos a elixir, eu prefiro que saiban, por exemplo como se chama o amigo de Bob Esponja, polo menos as parvadas que din son máis divertidas. O que sospeito é que cando se fala de "unidad", o que se está dicindo é que as nacións históricas da península , pouco menos que non existen.O naionalismo español, defensor acérrimo da indisoluble unidade o que quere é negalas, facelas invisibles, desprazalas ao esquecemento porque poñen en perigo o legado do Oráculo do Ferrol ese que quixo deixar todo “atado y bien atado”. E eu que cría que quen decora o seu perfil de twiterr como se fose un estanco, non erades nacionalistas, pois resulta que si, que cousas, non?

Catalán no abducido dixo...

Dedicat a l'ultimo anonimo
Així que defensar la unitat del pais és ser franquista, ple aquesta el món de paises franquista no et sembla?
En comptes de anonimo deberias cridar-te patetico o patetica, o millor pallasso o pallassa vist tot el que t'agraden.
Respecta si vols que et respectin
Vaig entrar en aquesta notícia ja que vivint a Catalunya estic saturat d'independentistes pateticos, creient que els gallecs tenien més sentit però veig que alguns recorreis la mateixa senda d'estupidesa.
Salutacions als gallecs d'un català que porta anys fantasiant amb viure a Galícia , però va a ser que no vull compartir espai amb algun pallasso sense gràcia.
I amb això trenco el meu "respecta si vols que et respectin" disculpes a la gent que si respecta.

Catalán no abducido dixo...

Esta frase no es mia la he copiado de un foro del diario La Vanguardia esta mañana, pero representa muy bien lo que muchos catalanes pensamos:
"Los independentistas son gente que a falta de argumentos se aprovechan del franquismo para definir a todo el que dentro de su libertad no comulga con sus ideas"´, no le muevo una coma es tal cual, no sacan al paisano Franco de la boca.

Anónimo dixo...

thank you for abusing

Anónimo dixo...

Good!Visca Catalunya Lliure!

Anónimo dixo...

Catalán no abducido: le tamén Avui e Ara. Telos miolos con moitas lagoas ou es un rancio. Non tes nin idea

Catalán no abducido dixo...

ESPAÑA.
Y TODO ESTO CON LA BASURA DE POLITICOS QUE SUFRIMOS TANTO DESDE EL GOBIERNO CENTRAL COMO DESDE LOS AUTONOMICOS


-Mejor país del mundo para nacer, según Deloitte y Social Progress Imperative (SPI), que examina a 128 países, en base a 50 categorías.
-Nivel democrático por encima de países como Bélgica, Francia y Italia, según el más reputado indice, por Unidad de Inteligencia de The Economist.
-Tercer país con menos asesinatos por cada 100.000 habitantes de toda la UE;
-Tercer país del mundo, detrás de Italia y China, por patrimonio universal de la Unesco;
-De los países de Europa con menor violencia de género del mundo (muy por detrás de los países más enviados social y democráticamente como Finlandia, Francia, Dinamarca o Suecia);
-Con una de las lenguas más ricas y más habladas y estudiadas del mundo (he dado la vuelta al mundo tan solo hablando español);
-La segunda mejor cocina del mundo;
-La mayor empresa textil del mundo, estudiada en todas las escuelas de negocios del mundo (Zara, en Galicia);
-Un clima y paisaje diverso y envidiable, con zonas rurales únicas con folclore, fiestas y tradiciones muy variadas, y una historia larguísima muy rica;
-Reconocidos como uno de los pueblos más sociables del mundo;
-Segundo mayor porcentaje del mundo en esperanza de vida (solo tras Japón).
-Uno de los sistemas de protección sanitaria gratuita más completos del mundo;
-España, elegido en Davos el mejor país del mundo para viajar solo por su seguridad;
-Elegido por los “World Countries Awards 2016” como el mejor país del mundo;
-Líder europeo en energías limpias, y cuarto productor mundial;
-Líder mundial en trasplantes;
-Líder en donantes de órganos (demostrando su generosidad -por cierto, Cataluña está a la cola de España en donaciones por millón...- );
-Líder mundial en playas azules;
-Líder mundial en futbol;
-Junto con Italia, la menor tasa de suicidios de toda Europa, y uno de los mejores del mundo;
-Líder mundial en construcción de infraestructuras ferroviarias de alta velocidad (y líder en ingeniería y construcción de otras grandes infraestructuras en medio mundo)
-Líder mundial en tratamiento de aguas... etc. etc....

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...