A presencia musulmá en Galiza foi irrelevante, e o conxunto do país non chegou ser ocupado. Probablemente chegaron no ano
En canto ó suposto asentamento bérber limitaríase ás extremas dos antigos conventos bracarense e asturicense. En todo caso Galiza non foi incorporada ó califato cordobés, de maneira que na Península había dous espazos políticos: España (denominación asignada á parte musulmá) e Galiza (o territorio cristián do noroeste abarcando o espazo da tradicional provincia romana de Gallaecia e do reino suevo).
Así é como denominan as crónicas árabes, norteeuropeas e documentos cristiáns da época (Jalikiah, Galizuland, Gallicea, Gallaecia).
Vida campesiña no século VIII |
Polo
tanto en Galiza non existiu o que a historia tradicional medieval insistía de
“reconquista e repoboación” porque non houbo invasión. Idealizouse e
construíuse unha artificiosa historia interesada e romántica polo poder centralista español.
A
documentación existente para nada permite asegurar o inicio de ningunha empresa
(nin reconquistadora nin doutro tipo) en Asturias, o que alí sitúa a tradición
poderíase localizar noutros lugares e conviría pasar por alto todo o inventado
a partir dela.
**Una vella tradición asegura que Alfonso II o Casto
enfrontouse aquí a un exército islámico no próximo Campo dá
Matanza. O certo é que o monarca astur pasaría por estas terras,
camiño de Compostela, entre 820 e 830, período probable do
descubrimento do sepulcro de Santiago.
**Una vella tradición asegura que Alfonso II o Casto
enfrontouse aquí a un exército islámico no próximo Campo dá
Matanza. O certo é que o monarca astur pasaría por estas terras,
camiño de Compostela, entre 820 e 830, período probable do
descubrimento do sepulcro de Santiago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario