04/04/2013

As segas en Castela


Como consecuencia da mala situación económica galega no século XIX, a moitos galegos, non lles quedou máis remedio, durante uns meses ao ano, que cambiar de profesión, pasar de agricultor, a xornaleiro do campo de Castela.
Situación que xa deixou reflectida, en toda a súa crueza, Rosalia de Castro no seu poema "Casteláns de Castela".
Castellanos de Castilla
tratades  ben a ós galegos,
cando van, van como rosas,
cando ven, ven como negros.
Cando foi, iba sorrindo,
cando veu, viña morrendo.
A Luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito....


Antes da mecanización das operacións agrarias, ata o século XX aproximadamente, veciños de Millares foron á sega a bisbarras agrarias de Castela, tamén ían á vendima, para gañar algo de diñeiro co que tapar algún burato, que podía ser para pagar o imposto da contribución ou outras cousas, a fortuna que recollían era pequena para o esforzo realizado.
Chegado o mes de xuño, ían andando baixo a guía de maioral, que era o que sabía do lugar de traballo.
En virtude de noticias recibidas das zonas agrarias, o maioral chamaba os que formaran a súa cuadrilla o ano anterior.
**Por exemplo un veciño nosoBenito Trabada sacou pasaporte no século XIX para traballar na Rioja durante 6 meses.




**En 17 deste deulle pasaporte de gratis para a Rioja aos labores materiais do campo e...... de 6 meses a Benito Trabada solteiro da Braña, afiánzalle o seu pai José de quen é fillo e Rosa dá Pereira, idade 20, o citado, curto pelo e ollos negros, nariz regular, barba pelada, cara cor ben, asina a fianza. José Trabada.

A idade dos diferentes traballadores era máis ou menos a seguinte: de 18 a 45 para os segadores, de 14 a 16 para os atadores e de 16 a 18 para os servidores.
A viaxe cara ao destino facíase a pé en xornadas sucesivas, levando algúns cabalarías onde transportaban roupas e algúns artigos de alimentación. As cuadrillas compoñíanse do maioral que era o xefe e podían ser de sete persoas: 4 segadores de fouce, dous atadoresdos mangados e un servidor para o carrexo das comidas e auga dende a casa do patrón ás terras de traballo, este tamén traballaba, segaba e ataba nos intermedios. O maioral era o que axustaba cada prezo, podía ser a seco ou a mantido. O traballo ao aire libre era duro, o que máis sufrían eran insolacións, dada a elevada temperatura que tiñan que soportar e o duro do traballo a pleno sol e en plena canícula.

1 comentario:

Carmen dixo...

Perfecto, paréceme que tratais todos os temas con rigor e con respecto, coñecín moitos aspectos da vida dos nosos antepasados leyendoos, aínda que non son da vosa parroquia, son do Val, e co meu pequeñisimo gran de area, espero axudar a que sigaís adiante e non abandoneís esta idea e proxecto.
Grazas por intentar dar a coñecer algo tan noso e ás veces tan escondido, deixamos atras os anos nos que ser de aldea era algo se non vergonzoso, se un pouco, non me sae a palabra, pero todos sabeis o que quero dicir.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...