3 de feb. de 2013

Demografía

Nenos e nenas da parroquia da Braña, non temos moi claro se estaban a facer a comuñón ou celebraba o "maio", mes das flores, onde recitaban versos na igrexa, por desgracia a persoa que sabía do tema xa non se encontra entre nós. Fotografía da primeira metade do sigo XX.
¿MORRE MILLARES?
Realizando unha análise moi básica da demografía do noso pobo temos os seguintes datos:
Tendo en conta as persoas que residen case a diario, podemos calcular que a poboación neste momento está formada por uns 25 habitantes, moi lonxe dos máis dun cento que houbo nalgunha época no século pasado. En canto á variable sexo, a distribución é a seguinte: 10 mulleres e 15 homes. O rango das idades vai, dende a persoa máis nova que ten 1 ano e a máis vella con 91 anos. Na franxa de 1 a 40 anos só hai 6 persoas, de 40 a 80 son 17 e con máis de 80 dúas. 
O lugar de nacemento de tódolos veciños de Millares é Galiza polo que non hai actualmente inmigrantes doutras nacións. Dos 25 habitantes, 10 deles proceden doutros pobos próximos. A emigración foi e segue sendo intensa. O valor máximo de veciños por vivenda é de 6 e o mínimo 1, sendo a media 2,5 e a moda 1. En canto á fecundidade está en 1,8 fillos por muller.

*Millares ano 1960, poboación de feito 102, poboación de dereito 110.
Podemos aventurar que se continúa a tendencia iniciada durante o "goberno" do ditador franquista que segue ata os nosos días, de mingua constante da poboación, a nosa aldea morrerá. Para resolver isto, teríase que solucionar fundamentalmente o tema do emprego. 

*Millares ano 1950, poboación de feito 126, poboación de dereito 120.
Pero da a impresión de que tanto o ditador como os sucesivos gobernos galegos (xa, máis de 30 anos gobernados curiosamente por partidos nacionalistas españois) posteriores á chafallada da Transición, miran para outro lado.  
Mentres noutras nacións como Euskadi, Catalunya ou na comunidade de Madrid aumentou a poboación porque alí se crearon oportunidades de emprego, na Galiza asistimos constantemente a un espolio de recursos (agrarios, enerxéticos, poboación, etc.) como se foramos unha colonia.

*Millares ano 1940, poboación de feito 143, poboación de dereito 151.
*Población de feito: é a poboación que está presente en cada municipio no momento de realizarse un censo ou padrón de habitantes, inclúe polo tanto os residentes presentes e os transeúntes.
*Poboación de dereito: é a poboación empadroada ou legalmente residente nun termo municipal no momento de levarse a cabo un censo ou padrón de habitantes, inclúe a todos os residentes, tanto presentes coma ausentes.




E isto non é un problema só de Millares, a tendencia no concello (136 habitantes menos en 3 anos), é esta, unha sangría de habitantes, sobre todo novas.

136 veciños menos en só 3 anos, se isto non é para preocuparse....

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...