Segundo a Real Academia Galega, Braña é:
*un prado con auga perenne, pasto de verán que polo común está na faldra dalgún montecillo onde hai auga e prados.
*cualquier prado para pasto onde haxa auga ou humidade, aínda que non haxa monte.
É a segunda en poboación por detrás de Millares, nesta aldea encóntrase a igrexa parroquial de San Miguel e o cemiterio parroquial, ata hai pouco tempo tamén estaba aquí a reitoral, na cal viviron noutros tempos (dende finais do ano 1800 ata o ano 1980), todos os curas da parroquia, aínda que a reitoral foi derrubada fai pouco máis dun ano debido ao seu estado de abandono.
As mellores vistas da Braña conséguense dende o alto da serra do Miradoiro, aínda que tamén dende a pista que vai de Abrairas a San Román.
Existe pouca información escrita sobre a aldea, entre o ano 1846-50, Pascual Madoz elaborou un dicionario no cal recompilou información sobre todos os pobos de España e isto é o que escribiu sobre a parroquia de San Miguel da Braña: Diccionario Madoz.
Información máis extensa sobre a parroquia, áchase recollida no Catastro do Marqués da Ensenada, do ano 1753, por el sabemos que a nosa parroquia pertencía ao señorío do Marqués de Montaos, quen por razón de señorío e vasalaxe non percibía nada, onde se achaban os cinco muíños da parroquia e a quen pertencían, que Thomé Ferreiro, un veciño da Braña tiña unha taberna alugada en Millares e canto pagaba de aluguer aos veciños de Millares por ela... pero sobre o Catastro de Enseada falaremos extensamente noutra ocasión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario