27/01/2013

Serra do nacente



Nesta "última entrega" sobre toponimia, mostramos o territorio que faltaba relacionado co noso pobo: a serra situada ao leste.


É o conxunto de nomes de lugares (prados, penas, regueiros, montes, etc) que indicamos a través do tempo no blog, se aparece algo novo, poñeremos ao día o listado.


06/01/2013

Aldeas da parroquia II


Hoxe tócanos falar da Braña:
Segundo a Real Academia Galega, Braña é:
*un prado con auga perenne, pasto de verán que polo común está na faldra dalgún montecillo onde hai auga e prados.
*cualquier prado para pasto onde haxa auga ou humidade, aínda que non haxa monte.
É a segunda en poboación por detrás de Millares, nesta aldea encóntrase a igrexa parroquial de San Miguel e o cemiterio parroquial, ata hai pouco tempo tamén estaba aquí a reitoral, na cal viviron noutros tempos (dende finais do ano 1800 ata o ano 1980), todos os curas da parroquia, aínda que a reitoral foi derrubada fai pouco máis dun ano debido ao seu estado de abandono.
As mellores vistas da Braña conséguense dende o alto da serra do Miradoiro, aínda que tamén dende a pista que vai de Abrairas a San Román.



Tamén se encontra aquí a área recreativa "Camiño da Marronda", ao lado da fonte, que se rehabilitou no ano 2006, colocaron unhas mesas e asentos de pedra, para descansar á sombra cando se baixa, ou tomar forzas para comezar a suba facía  a Marronda, ou se nos apetece seguir subindo máis alá do repetidor e visitar lugares como "a cruz dá nena", "Freixido", "a pena dos sete pastores" e moitos outros, ou chegar ao final do camiño dende onde ver as aldeas de Castrelo, A Espiña.... realmente paga a pena a suba, non vos arrepentiredes se o facedes.
Existe pouca información escrita sobre a aldea, entre o ano 1846-50, Pascual Madoz elaborou un dicionario no cal recompilou información sobre todos os pobos de España e isto é o que escribiu sobre a parroquia de San Miguel da Braña: Diccionario Madoz.
Información máis extensa sobre a parroquia, áchase recollida no Catastro do Marqués da Ensenada, do ano 1753, por el sabemos que a nosa parroquia pertencía ao señorío do Marqués de Montaos, quen por razón de señorío e vasalaxe non percibía nada, onde se achaban os cinco muíños da parroquia e a quen pertencían, que Thomé Ferreiro, un veciño da Braña tiña unha taberna alugada en Millares e canto pagaba de aluguer aos veciños de Millares por ela... pero sobre o Catastro de Enseada falaremos extensamente noutra ocasión.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...