Había moitos anos que non se celebraba ese día na parroquia, segundo oímos uns 18 anos, pero este ano, aproveitando que o día 29 de setembro cae en sábado, (e que a xuventude da parroquia se animou), vaise celebrar a festa, cousa que nos alegra.
Tanto os veciños de Millares, coma os de Abrairas e A Braña, gozarán dun día de festa en honor ao seu patrón, San Miguel.
A nosa igrexa parroquial sitúase en A Braña dende antes do século XVIII, áchase no camiño Real de Castela a Mondoñedo, anteriormente achábase na Requeixada.
A igrexa ten planta rectangular, e nun lateral está pegada a sancristía, xunto a ela encóntrase o cemiterio da parroquia.
Só consérvase un retablo, de estilo barroco.
Pila bautismal na que terán sido bautizados case todos os veciños da parroquia.
2 comentarios:
gustoume moito, felicito os que fixeron e colaboraron,moi ben
Grazas polo teu comentario, pena que non puidésemos estar aí ese día, pero cónstanos que o pasaron moi ben, ojala o seguinte San Miguel tamén se celebre e poidamos acudir.
Publicar un comentario