20/05/2012

Unha terra, un pobo e unha fala


LINGUA E BREVE HISTORIA
Nestas datas en que se celebra o Día das letras galegas , concretamente o 17 de maio, facemos este artigo para defender e potenciar o uso e o coñecemento do idioma que se fala en Millares: O galego, o idioma propio de Galicia.  A nosa lingua está a vivir unha difícil situación neste momento concreto. A un estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados até o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura (por exemplo diminución do número de materias en galego na escola, etc). Desgraciadamente estamos nunha situación de retrocesos legais e desprotección dos nosos dereitos lingüísticos, polo que desexamos que as millaresas, millareses, descendentes e en xeral tódolos que amamos a nosa lingua, nos movamos a favor daquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua. O galego distingue sete vocais e as consoantes existentes son: b, c, d, f, g, h, l, m, n, ñ, p, q, r, s, t, v, x, z. As letras j, k, w, y non son propias do noso idioma.



A lingua galega considérase formada arredor do s. IX no que se refire á oralidade, como resultado da asimilación do latín vulgar falado polos conquistadores romanos no s. II dC.
No seu momento foi lingua culta fóra dos reinos de Galicia e Portugal nos reinos veciños de León e Castela.
Pero as derrotas que a nobreza galega sufriu ao tomar partido polos bandos perdedores nas guerras de poder de finais do s. XIV e primeiros do s. XV provoca a asimilación da nobreza galega e a dominación castelá, o que leva consigo unha opresión e unha desaparición pública, oficial, literaria e relixiosa da lingua galega ata finais do s. XIX. Son os chamados Séculos Oscuros.

A política dos Reis Católicos no reino de Galicia concentrouse en medidas agresivas (por exemplo impuxeron o arranque de todas as oliveiras) sufrindo unha colonización económica e cultural, así como o desdén que Galicia recibía polo poder central da monarquía española. Toda esta colonización estase sufrindo dende o s. XV, ata os nosos días (imposición da lingua castelá na escola, no ámbito xudicial, médico, etc). Na dictadura franquista prohibíase falar o galego, os mestres castigaban os nenos que o falaban, etc…



As primeiras probas líticas de presenza humana en Galicia remóntanse a uns 300.000 anos, no Paleolítico Inferior. O nacemento da propia Galicia, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a.C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.
No ano 298 d.C. o emperador Diocleciano dalle a Galicia o rango de provincia consular pasando a estar baixo o goberno dun cónsul. No ano 409 d.C., o rei suevo Hermerico funda o primeiro reino de Galicia, afianzando a existencia de Galicia ata os nosos días. Ata o ano 1833 Galicia mantívose coma un reino.
Neste video mostramos alguna letra de cancións do grupo galego Saraibas formado nos anos da Transición, relacionado coa canción de autor e a canción de intervención política.


33 comentarios:

Anónimo dixo...

Tedes razón, trátase a Galicia como a unha colonia interior dentro do Estado.
A dinámica no pasado e no presente é un continuo espolio:
demográfico (cantos galeg@s emigrantes por non permitir o noso desenvolvemento...)
, cantos mortos obrigados foron a guerras imperialistas da monarquía española
...), enerxético (hidroeléctrico, eólico,... levan a electricidade por unha miseria
e os beneficios cotizan en Madrid, etc...).
Os meus fillos van á escola falando galego e volven falando o idioma imposto do castelán, etc...
Temos uns políticos que non merecemos (Mexan por nós e dicimos
que chove..)

Anónimo dixo...

Basta de ir de victimas, Galicia está así por los gallegos no echéis la culpa al estado, gentes de todas las comunidades han ido a las guerras, han debido emigrar y no lloran tanto como os gallegos, si los habitantes de Galicia no quieren hablar gallego no pasa nada son libres de elegir, pueblo acomplejado como pocos

Manuel María dixo...

“Idioma meu, homilde, nidio, popular
labiego, suburbial e mariñeiro
que fas avergoñar
ó burgués, ó señorito i o tendeiro:
levas sangue do povo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sin mágoas nin tristuras.
Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado
como a probeza i o delito
fala do emigrante e do maldito:
soio resoas nos lares
das xentes populares.
Ti tés que rexurdir puro
poderoso, enteiro
pra erguer noso futuro
de povo ausoluto e verdadeiro!
Manuel María Fernández, letras galegas 2016

Manuel María dixo...

Galiza

Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!
Manuel María, letras galegas 2016

Manuel María dixo...


A fala. Manuel María

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)

Manuel María dixo...

O POVO que deixa perder a sua palabra
creada, herdada, usada, revelada,
aquela que lle é propia e singular,
a que é unicamente sua,
está emprobrecendo ó mundo
e perpretando o seu propio xenocidio.
Ese povo vil
ollará aniquilada a sua lembranza
e o seu nome indigno
borrárase, sen máis, do universo:
hai agresiós á beleza e ó espíritu
que a vida non tolera nen perdoa.

[Miniescolma. Monforte de Lemos
: Edición de autor, 1998]

Manuel María dixo...

En Remol, Manuel María dedica un poema á muller galega, muller traballadora e esquecida, á que non se lle renden homenaxes; aquí tedes un fragmento do poema:

As mulleres galegas -labregas,
mariñeiras, artesás, obreiras,
pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia-
non foron cantadas
polos poetas cultos e premiados,
pechados nas súas torres de almasí:
eles, tan sensibles, non podían
adicarlles rondós e madrigales,
sonetos perfetísimos
a donas que falan en galego,
que son a forza do pobo,
porque non teñen xeitos requintados,
deprendidos en colexos elegantes,
nin vestidos fermosos,
nin frases retorneadas
- nunca foron á escola,
nin alternaron tampouco en sociedade -
i as súas maus non se semellan
ás azas dos paxaros,
nin teñen soavidades de veludo:
están encallecidas polo traballo,
son duras como as pedras,
só tenras pro garimo,
con soavidades de mel
pra perdoar e comprender,
pra sementar tenrura e máis amor,
pra arrincar odios.

Manuel Maria dixo...

“Os carreiros da morte” e nela podemos ler este poema:

Ti, amada, ollas como vou morrendo

en anacos pequenos cada día

e nada podes facer para reterme

á beira túa feliz e confiado.

O teu amor, amiga, vai enchendo

o oco escuro da miña soedade.

Tamén ti

vas morrendo un anaco cada día,

sentindo

ese tempo fatal que leva á morte.

¡Nada podes facer por min

nin eu por ti!

¡Dáme a túa mao doce e sinxela!

¡Dáme sempre a túa mao, amiga miña!

Non se trata, porén, dun poema de despedida escrito a mantenta, dado que o libro foi redactado en 1959

Manuel María dixo...

Un dos poemas máis sociais:
Manual do señorito


Aínda que un non sexa moi bonito,
Non é difícil chegar a señorito.
O primeiro, hai que odiar o comunismo,
E pensar soamente en un mesmo,
Non facerlle moito caso os pais
E ter certo desprezo pra os demais.

Hai que ter en conta o que convén
A de adquirir modales finos,
Codearse so con xente de ben,
Aproveitar dos concos de cretinos,
Ser socio de tódolos casinos,
Mercar sempre autos deportivos
E traxes e corbatas elegantes,
Coñecer toda clase de aperitivos.

Tamén é convenente ter querida,
Abusar o que se poida da bebida,
Xantar e cear sempre as deshoras
E ser moi galante coas señoras,
Non falar galego endexamais,
Que idioma do pobo moi vulgar.

Hai que ter en conta o que convén
A de adquirir modales finos,
Codearse so con xente de ben,
Saberse comportar nos restaurantes,
Distinguir os whiskys o cheiralos,
Entender de bridge e de canasta,
De golf, de tenis e cabalos,
Non alternar con xente de outra casta.

Vivir do que sudan os demais,
E antes morrer que traballar,
Non falar galego endexamais,
Que idioma do pobo moi vulgar.

Manuel María dixo...

Ou o moi actual, Bando

Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque si
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licenza para voar.
Prohíbeselle á lúa
andar ceiba de noite polo ceo.
A lúa é unha tola que anda espida
dando mal exemplo ás nenas castas
e aos fillos de familia.
Pagarán trabucos os poetas.
Prohíbese soñar de 10 a 11.
Prohíbese tamén derramar bágoas.
Pódese chorar tan só cando hai sequía
pra que non fiquen baldeiros os pantanos.
Un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca
a Banda do Concello no quiosco.
Están fóra da lei
as estrelas, a Primavera,
as flores e os paxaros.
Dáse este bando en tal e cal
para que se cumpra
de orde do alcalde.
Asinado, carimbado e rubricado.

Documentos personais (1958)

Manuel María dixo...

Consello para extraterrestres
Vai agora -por seguir tristemente vixente- unha das composicións que o autor encheu de sorna lingüística:

Renunciade á vella lingua
que nos ven tan de lonxe,
tan do fondo, luída con amor
xeneración tras xeneración,
soporte do noso esprito,
flor do noso sentimento,
fonte da que agroma
o cachón potente do pensar.
Renunciade á vella lingua,
a creación máis xenial
do noso pobo, a cunca
sacra que garda a fonda
e total plenitude do noso ser.
Renunciade á vella lingua,
dádevos ás framenquerías
i os amos quedarán
pra sempre satisfeitos:
veredes que ben
vos han de pagar
co seu desprecio.
Renunciade á vella lingua,
a fala nai, e seredes
entón máis señoritos,
seredes máis "castizos".
Renunciade á vella lingua
-aínda que non sei como
faredes para borrar ese
escuro acento delator-
e quedaredes capados:
son as palabras precisas
pra aquecer o corazón,
para espresar de verdade
o que vós sodes.
Renunciade á vella lingua
que dende séculos ven
mamando o noso pobo
e quedaredes envoltos,
sulagados
na tebra e na impotencia.
Quedaredes mudos,
sen a palabra
que aluma e revela.

Versos para un país de minifundios (1969)

Manuel María dixo...

Moitas galegas e galegos medramos oíndo este poema magnificamente musicado en varias ocasións:
O CARRO

Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa feitura!
¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pró gando!
¡Traime a colleita pra casa!


Manuel María, Terra Chá, 1954

Manuel María dixo...

Tarxeta de visita
Manuel María -xa o sabedes- é o meu nome
feble, corto, esguío e tan desamparado
que sempre o usei sen apelidos.
Un nome humilde como a brisa que fai
ondear as centeeiras, unha folerpiña
de neve -un salouco só que o ar desfai-
que non pode chegar ao chao sen derreterse.
Un nome como tantos, sinxelo e do pobo.
Polos Hortas apelídome Fernández,
vella casta xunguida á terra dende sempre
no meu Outeiro de Rei da Terra Chá.
Por parte de nai son Teixeiro, familia
de labregos, que aínda vive no vello
casal de Vilanova, perto de Lugo,
na parroquia que din de Sanamede.
De neno prendeume o Miño coa súa música
e puxo no meu corazón vellos cantares.
Teño xa moitísimos anos repartidos
en alegrías, tristuras e fracasos.
Publiquei algúns libros. Son casado.
Levo barba entrecana para tapar o medo
que, como un verme, roi o meu sosego.
Procurador de oficio. Gáñome a vida
-e tamén o noxo e a desesperanza-
coa miña profesión e outras tristezas.
Agora vivo en Monforte para o que gusten,
coidando o amor, a comprensión, a fe
nos homes, na Terra e máis na fala.
Carezo de títulos importantes. Non
teño vocación para arquivar diplomas
que son febles papeis -fume de nada-
que sempre rematan no faiado
irremisibelmente roídos polos ratos.
Toda a miña ilusión é ir tirando
e se falo de min é para dicir
que aínda estou vivo, sano e salvo.

Remol (1970)

Manuel María dixo...

Esborrallándoo todo
Seica fomos aniquilando os mitos,
contaminando o mundo,
esborrallando os soños,
dispersando a tribo,
uniformando todo,
perfeccionando o ego,
practicando a soberbia,
masificando a vida,
empobrecendo a fantasía,
alongando a dor inutilmente,
violando a íntima e sagrada
autenticidade
da nosa propia morte
e procurando, como tolos,
outros mundos no espazo
pois esta terra que nos deron
xa vai resultando inhabitábel.

Os lonxes do solpor (2012)

Manuel María dixo...

Galiza outonal da decadencia,
fogueira da chama amortecida,
estraña lembranza desvaída,
mar ilimitado de paciencia.
Galiza vella, pobre herencia,
patria asoballada e ofendida,
mágoa arrepiante, sometida
a séculos de dor e impotencia.
Chanta, no fondo, boa semente,
impón o dereito de vivir
e ergue a túa voz iradamente.
Olla con firmeza o teu porvir.
¡Berra pola luz e pola xente
e comeza, sen máis, a combatir!

Poemas ao Outono - Manuel María

Manuel María dixo...

Nai, miña naiciña...
Verbas a miña nai

Dígoche agora, nai, estas razós
porque quero voltarche
aquelas verbas doces como o mel
que aprendín nos teus beizos
cando neno.

¡Non teño, nai, a túa tenrura!

Eu, que ando empeñado
en ser poeta,
non teño verbas
doces,
sinxelas,
claras,
amorosas,
como as verbas
con que ti me arrolaches,
miña nai.

Cecais sexa tolemia
este tentar apreixar verbas amantes
para che facer con elas un cantar.

Cecais
a vida pobre que vivín
me secou a fonte da tenrura
e por iso estas verbas
son secas como seixos.

Xa ves:
non teño verbas
pero teño un salouco que me enche todo o peito.

Mar maior (1963)

Manuel María dixo...

E-migrantes felicísimos?
Por desgraza, segue estando vixente esta composición de Manuel María, na que ironiza sobre "as facilidades" que encontran os que teñen que deixar a súa terra:

Oda aos nosos emigrantes

Os emigrantes vanse porque queren:
é xente aventureira que gusta
de cambiar de ar de cando en vez.
Xentes que foxen sen máis nin máis,
que se desarraigan para ollar novos
países, para deprender idiomas,
para ver outros usos e costumes
e contemplar paisaxes que aínda
non coñecen. Non teñen dificultades:
son recibidos cos brazos abertos,
con clara sorrisa fraternal,
con música e foguetes, con festas
na súa honra, traballan cando
queren, cando lles vén ben,
teñen servicio espiritual asegurado,
colócanlles as divisas, habitan
en palacios, comen ben, cando
lles peta van dar unha voltiña
polos eidos natais, en autos
fabulosos, dispoñen de diñeiro
a moreas, os seus fillos son
educados nos mellores colexios.
Os emigrantes son felicísimos
posto que todo o mundo os enche
de atenciós e fanlles a vida
moi amábel. Non é verdade, pois,
que sintan saudades da súa terra.
Se sentiran saudades non irían
tocar o zoco mundo adiante.
No seu país nada lles falta,
máis ben lles sobra todo. Todo.

Odes nun tempo de paz e de alegría (1972)

Anónimo dixo...

Manuel maria en serio es necesario esto? no te das cuentra que por historias asi somos el hazmerreir de todo el mundo? los gallegos solo somos capaces de dar lastima, de quejarnos por todo y no hacer nada por arreglar las cosas? te empeñas en conectar a los gallegos solo con el idioma y la estais jodiendo, sabes que en Galicia para que un libro se premie y publique hay que escribirlo en gallego aunque despues no lo lea casi nadie, pensas que hay que meterle millones de euros a un idioma para mantenerlo en la uvi, eso no es artificio? que me dirias si se hicieso lo contrario, premiar solo a los libros en castellano, yo he estado en Bruselas en una fecha en la que se hacia frente al parlamento una sentada en defensa de las lenguas locales europeas, y vi la bandera gallega con la estrella, habia mas de media docena de ellas, se monto un buen follon y llegaron los antidisturbios bruselenses, dos de los portadores de dichas banderas cuando iban a ser detenidos junto a otros tantos, gritaban en un perfecto castellano que ellos eran españoles, de verguenza, aun conserva el video que les grabe y he enseñado a muchos amigos mios que sienten que no son españoles, alucinaban.
Los gallegos somos muchos como a ti te gustan, depresivos, serviles, acomplejados, echando siempre la culpa al resto del pais de nuestra cobardia, pero tampien somos gente que esta orgullosa de ser gallego y de ser español y de salir al mundo adelante sin llorar coma nenos por la falta de oportunidades que nos da Galicia, que culpa tiene un zaragozano de que a los gallegos no nos guste arriesgar nuestra hacienda para crear industria en nuestro pais? es mejor pedir siempre subvencion y quejarnos cuando ademas de eso no somos capaces de salir adelante o mejor aun hacer oposiciones para mamar de la teta del estado opresor espalol, en eso si somos con Andalucia de los primeros.

Manuel María dixo...

Non sei se choromican ou non os poemas. O que sei é que din verdades.
É mágoa que nunca gusten a algúns. A outra posibilidade é dicir que aquí non pasou nada e segue sen pasar. Como denominalo? Conformidade, admiración, todo está ben...e vai mellor.....Estupendo...
Galiza ten diante de si retos relevantes. Retos que non se miden en quilómetros de autoestrada ou obras faraónicas. Pola contra, a revolución pendente ten a ver coa recuperación de autoestima colectiva e futuro digno para a nosa xente.
A fisionomía galega ten mudado nos últimos vinte e cinco anos, ora ben, os nosos problemas estruturais non só perviven, agudizáronse coa recentralización política e económica que se ten producido como falsa saída da crise. Son moitos os síntomas que evidencian o fracaso do modelo: A emigración, os baixos salarios ou a precariedade crecente son evidencias do desastre. Unha Galiza low cost  que pouco a pouco vai minguando.
Dicía Rosalía de Castro: “É feliz quen soñando morre, desgraciado quen morre sen soñar”. Fagamos caso á poeta. Os soños son a base que permite avanzar á humanidade. Formo parte da estirpe de galegas e galegos que non se resignan, nin desesperan. Hai motivos para seguir soñando e modelando futuro onde Galiza recupere espazos e referencialidade. Galiza é un pobo con capacidade, potencialidade e futuro, mais precisamos mudar dependencia por centralidade e capacidade colectiva para ser, estar e decidir.

Manuel María dixo...

Anónimo: queres que renunciemos a defender e falar en Millares o idioma que levamos falando a diario séculos? Queres que non teñamos libros no noso idioma? Non te rías do noso idioma. Os galegos non somos inferiores anque algúns, máis do que debería, van de inferiores. Lástima deles. Estórbache que haxa premios para o galego? Tamén hai para o español. Mentres non morramos e quede semente hai que roernos, igual que nós temos que aguantar aos españolazos que tiran pedras contra nós. En español a xente tampouco le moito, porque o goberno galego e o español dan subvencións aos xornais. Se eliminaran esas subvencións pecharían. E que me dis do que gasta o goberno español este ano co do centenario Cervantes, que é moi lido porque obrigan a lelo en literatura na escola, pero non lle gusta a ninguén. E non se pode comparar os exemplares vendidos dunha obra en galego ou dunha obra en español ou dunha en chino ou dunha en corso, todos temos dereito a existir.
Cona, estabas en Bruxelas! Non serás un infiltrado dos servizos de espionaxe americano ou español que para darnos mala imaxe aos galegos fuche ca bandeira e fixéstedes ese espectáculo. Tamén che mandan entrar en blogs e bombardear con ideas antigalegas?
1º) Galego non se é por nacer ou vivir na Galiza. Hai persoas que naceron na Galiza ou viven aquí e son antigalegas. Pasa en tódolos países, sempre hai renegados. 2º) Hai persoas que naceron noutro lugar do planeta (Alemaña, China, Colombia, etc) e viñeron vivir a Galiza e son galegas porque no día a día demóstrano cos seus feitos. E 3º) hai persoas que non viven en Galiza pero son galegos porque, naceran ou non aquí, tamén demostran a diario que levan a Galiza no corazón.
Falemos de economía logo: A principal vantaxa da soberanía dende unha perspectiva fiscal é asegurar que o diñeiro que se recada na Galiza a través dos impostos e taxas sexa reinvestido no País para contribuír ao noso progreso social e a xerar emprego e riqueza na Galiza. A soberanía fiscal por tanto é básica para que os recursos fiscais captados na Galiza non emigren, para evitar que sexan drenados fóra do País, acentuando deste xeito o empobrecemento da nosa nación. A tese da "solidaridade" do Estado con Galiza é tanto como falar da solidaridade do secuestrador para co secuestrado, privado de liberdade, máis sei que é solidario porque lle da de comer durante o cativerio. Se calculamos todo o que o Estado recada na Galiza por todos os conceptos impositivos, concluímos que o Estado recada moito máis na Galiza do que logo transfire a través do sistema de financiamento autonómico. Como di o refraneiro: NON ME DEAS PEIXE, DAME UNHA CANA E DÉIXAME PESCAR. Ter soberanía fiscal é unha ferramenta imprescindible para tronzar as relacións de dependencia e facer posible un modelo de crecemento e social diferente na Galiza.

Anónimo dixo...

No entiendo como se permite a Manuel Maria seguir poniendo la asquerosidad de comentarios que pone, solo demuestra su mala educacion, su resentimiento, su bajeza moral y poca inteligencia intentando insultar a los demas con lo mismo que le define a si mismo, si Manuel eres un españolazo aunque te joda, peor aun eres un gallego en el sentido mas peyorativo de la palabra, y con eso me estoy insultando a mi mismo,
nadie te pide que renuncies a tu idioma sea cual quiera ser, se te pide que respetes a los gallegos que utilizamos el castellano o el gallego para vivir nuestra vida, tu eres de la gentuza que en los años ochenta os desgañitabais pidiendo el derecho legitimo a que un niño fuese educado en su lengua materno pero ahora os jode que mas de la mitad de los gallegos tengan como lengua materna el castellano y tambien lo pidan.
deja de ver peliculas de espias, criatura, y madura que estamos en el siglo xxi
No has visto lo de la hisenda catalana? sabes cuantos de esa "inmensisima mayoria independentista" :) ha pagado sus impuestos en la hacienda catalana? yo te lo digo por si no lo sabes 178 personas y eso con todas las facilidades que les han dado colocando una oficina para tal fin casi para cada contribuyente, me parece que se han habilitado casi 140 oficinas para 178 buenos catalanes.
Cuantos buenos gallegos crees tu que pagarian gustosos a la ilegal e hipotetica hacienda gallega? tu?, entiende de una vez que por muchas ganas e ilusion que tu tengas de ver una galicia independiente moriras siendo un españolazo y eso se debe no al estado opresor sino a que la mayoria de gallegos no queremos separarnos de españa.
adios.

Manuel María dixo...

Anónimo: quéresme censurar? moléstanche as verdades? recórdasme a tempos pretéritos. Hai xente que quere evitar que Galiza sexa visible a nivel internacional porque a desfeita do país é facilmente silenciada dentro das fronteiras do Estado. Temos que erguer a voz. A xente que é despedida do traballo por falar en galego ou que xa non son contratados por facer a entrevista en galego son a manifestación da miseria moral que existe en hispanistán e nos seus sipaios locais.
O secretario xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), xa destacou hai uns meses que, "considerando a gran cantidade de probas detalladas no relatorio, é evidente que a discriminación contra as linguas diferentes do español é sistemática no estado español e que esta discriminación se tornou institucionalizada".Por iso, anunciou que, tras a denuncia na ONU, "ELEN vai chamar á UE a abrir un proceso sobre España por violación da Carta de Dereitos Fundamentais".
O que tiña que facer a ONU é unha das súas intervencións humanitarias para acabar co masacre do pobo galego por lacaios e par-vos útiles. Mais por desgraza coma non temos petróleo, temolo crú. A proliferación de burros que negan a historia do galego...todo iso e mais ten que rematar cunha resolución histórica da ONU, tarde ou cedo. Nin unha concesión a toda esa morralla de xente. As cousas como son. A castelanización do galego é implacable, constante e progresiva. Hoxe máis que onte pero (mais) menos que mañá. Para os lacaios calquera avance que poida ter o galego é IMPOSICIÓN. O mes pasado celebrouse o día internacional da poesía, unha data instituída en prol da diversidade lingüística e a posibilidade de expresión das linguas ameazadas. Foi unha oportunidade de festexarmos a nosa lingua, e de facelo relendo a poesía de noso, especificamente a que nos fala do noso idioma. Por exemplo este poema de Manuel María escrito no 1968 e que foi censurado. Tamén o censuraron 40 anos despóis nun centro escolar (alguén que esqueceu as figuras retóricas e a historia da lingua).Este poema, como outros de Cancións do lusco ó fusco, resume no seu significado simbólico a necesidade dun tempo, a necesidade de opoñerse á opresión, de loitar, a necesidade de vencer a opresión e camiñar cara á liberdade.

“Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.”

Manuel María dixo...

Anónimo: como non todo é idioma como dis ti, póñoche máis exemplos da importancia da soberanía de Galiza. No actual contexto poderiamos aforrar os custes dos goberno central, as deputacións e as delegacións do goberno central. O Estado gasta moitos recursos nos conflitos internos debido a súa heteroxeneidade. As mesmas políticas e normas para zonas diferentes producen distorsións e trabas a determinadas partes do estado con características estruturais diferentes. Para establecermos prioridades de gasto público co que eviten estragar gastos inútiles como os actualmente destinados a gastos militares, mantemento das colonias africanas, outros gastos derivados da supeditación á política imperial das grandes potencias,etc Os países pequenos non teñen ambicións imperiais ou de gran potencia polo que incorren en moitos menos gastos militares e de defensa. Os estados grandes teñen numerosos factores negativos e ineficiencias. Os países pequenos ao ser máis homoxéneos facilita dotarse dunha estrutura institucional e unhas políticas máis conformes e coherentes coas necesidades de desenvolvemento do país. Ese menor tamaño crea mellores condicións para a realización de políticas distributivas e garantir maior cohesión social, e permite aforrar en seguridade interna, e ademais favorece o desenvolvemento económico. Tamén lle permite definir obxectivos moito máis claros e definidos nas súas negociacións internacionais. Os países máis pequenos de Europa teñen en xeral maior nivel de vida media que os grandes. Tamén medran economicamente a maior ritmo os pequenos que os grandes nas últimas décadas. En Europa existen 11 países máis pequenos que Galiza en termos de poboación que contan con estado propio (sen contar outros 5 microestados), 13 estados teñen menos PIB, e no mundo hai nin maís nin menos que uns 140 países independentes de menor dimensión económica que nós. Outro gasto que non teriamos sería o reino, e non vale escudarse en que outros países europeos que teñen sona de civilizados, dende Suecia ou Holanda, para restaurar aquí unha institución que foi derrubada. Son monárquicos por inercia, igual que os que deixan a barba para non ter que afeitala.
Temos moita falta de sentidiño, deixamos que os gobernantes gasten en cousas innecesarias e logo morre xente por falta de medicinas. Hai dous cargos da Xunta imputados por presuntamente retrasar tratamentos de hepatite e morrer os enfermos.

Anónimo dixo...

Cuanto mas escribes mas me ratifico en que ti no estas bien de la cabeza, cambia de camello o de medicacion porque estas muy mal.
Gente despedida por hablar en gallego? te refieres en la funcion publica? si es asi me parece mal, tan mal como que se despida en Galicia a algun por hablar en castellano, pero he de decir que si yo tengo una empresa yo decido el idioma en el que hablan dentro del centro de trabajo mis empleados, fuera del centro que hable caad uno en lo que prefiera, solo faltaba que tu me digas en que idioma tengo que invertir mi tiempo y dinero.
Miseria moral de la que hablas, queda claro que es la que tu destilas.
Que la ONU se preocupe de que un idiota lobotizado hable de "masacre do pobo galego"? siento vergüenza al leerte y supongo que tu tambien la sientes pero el anonimato tras una pantalla lo aguanta todo, me gustaria ver si en publico ante gente de diferentes sensibilidades y de la tuya propia serias capaz de repetir la sarta de idioteces escritas sin sonrojarte, lo dudo, una cosa es ser idiota y otra pregonarlo aos catro vientos.
Ahora resulta que no quieres rey, quien os entiende, si lo unico a lo que os agarrais es a que Galicia fue un reino, que supongo los gallegos de la epoca tampoco eligieron, seguro lo impusieron a la fuerza, al igual que el idioma iria evolucionando del latin al gallego, portugues, castellano, frances, rumano, italiano y tal tal, nada nuevo, la lobotomia ha funcionado bastante bien.
Tienes mucha razon en lo de que temos moita falta de sentidiño, al menos reconocer parte de tu problema mental en un primer paso.
Sigues sin contestarme al tema importantisimo del derecho a la educacion dos nenos en su lengua materna sea gallego o castellano, lo que viene siendo los dos idiomas oficiales en esta nuestra comunidad.
Tampoco das tu opinion sobre la hacienda catalana aunque reconozco que es un detalle sin importancia, el soufle esta bajando ya en Cataluña.
Hablas de gastos del gobierno español en gilipolleces, tienes razon en muchas cosas en ese tema, pero para ver eso no hace falta ser un buen gallego, solo una persona medio inteligente, por lo tanto reconoceras que el gastar dinero en embajadas catalanas sin tener pagado las farmacias es un gasto vergonzoso y de gentuza.
Y por ultimo solo quiero que me contentes a una cosa y dejamos ya el tema porque es ridiculo y aburrido, con la mano en el corazon, si mañana en el estado español se propusiese a Galicia votar independencia si independencia no, solamente a los gallegos,solo castellano hablantes o solo galego falantes o bilingues, a todos los gallegos nacidos y residentes en Galicia, cual crees tu que seria la eleccion ganadora?
Tu crees que realmente los gallegos, la inmensa mayoria de gallegos quiere la independencia? y no te hablo de idioma castellano o gallego, te hablo de "ciudadanos gallegos"
Pido perdon alos demas lectores de Millares, por hacerles pasar momentos de vergüenza ajena leyendo nuestros comentarios, mas a veces no puedo soportar ver como se nos ridiculiza a los gallegos por aquellos que se sienten mas gallegos que el resto.

Manuel María dixo...

Anónimo: Se traballara na túa empresa tamén me obrigarías a cagar, mexar ou peidar cando che dera a gana a tí? E lamberche o cú tamén?...Ti es peor cos escravistas. E o de Cataluña, téñeno que amañar os que viven alí, eu non teño que dicirlles o que teñen que facer. Que imperialista saíche rapaciño. Se tan claro tedes que o independentismo non ten maioría porque non deixades que haxa a posibilidade do dereito a autodeterminación. Tedes medo? E ti que moito falas de Cataluña igual é que vives aí, que cona queres mandar en como temos que organizarnos en Galiza, non che chega votar en Cataluña? Vese que non vives a diario na Galiza, e falas estupideces que les ou oes manipuladas, e xa pensas que es un entendido, sen contrastar a información

Manuel María dixo...

Mal imos con quen non deixa votar á xente, e coa xente con diñeiro que compra o poder

Anónimo dixo...

Ja ja ja ja,tranquiliño no te vaya a dar algo.
Has dejado claro que temas te escuecen,
Pierdes los papeles muy rápido talibanciño, no soy catalán soy gallego y vivo en Vilalba, el que tiene bastante claro cuál sería el resultado de esa hipotética votación eres ti, por eso pierdes los papeles pobriño, me preocupa Cataluña tanto como Galicia Castilla o Andalucia, ya que parte de mis impuestos va a sufragar anormalidades de toda índole en todo el país.
Saca la cabeza del culo que hay más mundo fuera del nacionalismo.
Ni te molestes en contestar porque de verdad no te pienso leer, suerte españolazo.

Manuel María dixo...

Na medida que nos comprometamos co pobo asoballado e tiranizado unirémonos a Cristo. A miña conciencia galega aumenta na medida que afondo na fe e no que esixe ser cristián na Galiza. Non podo separar fe e conciencia de ser galego. O meu servizo a Galiza é unha obriga á miña fidelidade a Xesús e o meu amor ao pobo, que son unha soa fe e un só amor. Deus axúdanos! que todos os ladróns que hai, sexan liberación para os oprimidos. Xesús amou a todo o mundo, pero amaba denunciando aos poderosos para ver se se convertían, ese era o amor de Xesús: denuncialos para ver se abrían os ollos. Un milagre facer que o cego vexa. O seguimento a Xesús ten que empuxar a un galego a comprender a realidade do seu País, a sentirse membro dunha nación privada de soberanía. Defender os dereitos nacionais non supón absolutizar a idea da Patria, pois dende o concreto vívese aberto a outros pobos e dende Galiza e para GAliza compréndese que se traballa pola fraternidade universal conquistada por Cristo na Resurreción.Quen estivo no cárcere por ser patriota galego e crente galego decátase de que é un máis para completar a liberación do Cristo (morto fai moitos anos pola causa da xusticia popular). Cristo foi un mártir

Manuel María dixo...

Señor, perdóalles porque non saben o que fan.

Manuel María dixo...

Parágrafo de Rafael Poch en La Vanguardia.
"Los niveles de infiltración de los aparatos de Estado en organizaciones armadas europeas “revolucionarias” de los años sesenta, setenta y ochenta, cuyo mayor mérito fue comprometer y criminalizar grandes movimientos sociales, permiten también sospechar una instrumentalización desde sus primeros momentos.
Muchos años después de cometidos aquellos crímenes, los antiguos secretos de Estado siguen siendo protegidos de la luz pública con gran celo. Su revelación a agua pasada apenas sería dañina, si no fuera porque lo que se protege con ello no es el pasado, sino el presente: la actualidad de esas prácticas."

Outra frase que aparece:
Los ingenuos, y también los defensores del orden establecido, le llaman a esto “teoría de la conspiración”. Es el recurso estándar para cortar toda sospecha cuando ésta se encuentra todavía en un estadio difuso..

Manuel María dixo...

A xente que nos deixa quedar moi mal ós galegos son da tribo "Rajoi": é incapaz de falar nada en galego, pese a vivir da política na Galiza moitos anos, que non sabe falar nada de inglés ou francés, pese a ser presidente dun goberno e facer continuamente o ridículo en tódolos cumes. Incluso, nin sabe expresarse correctamente en castelán. Non entendo como segue habendo xente que pensa que o galego non deixa sitio no cerebro para outros idiomas. O problema é a fobia que algúns teñen ao galego e o desprezo aos galegofalantes como se fosemos persoas de segunda división. Por certo faleceu o padre Isorna, quen oficiou durante anos misa na TVG. Comprometido coa cultura e a lingua galega, foi soterrado hoxe en Valga.

Domingo dixo...

Señoria non hai mais que alegar:
*Queres que renunciemos a defender e falar en Millares o idioma que levamos falando a diario séculos?*
Recoñece que o galego non estivo prohibido senón arrinconado da vida publica, mal feito por suposto foi unha verdadeira infamia pero non se prohibiu na súa vida persoal a ninguén utilizalo como ben dis.
Por sorte aqueles anos quedaron atras avanza cos tempos, a imposición como ben dis só xera rexeitamento e a tortilla vai dar a volta en contra do galego de parte da sociedade galega, logo non haberá lugar a lamentacións.
Dóeme ver que a xente abandona o uso do galego pero eu non vou xulgar a ninguén por iso, eu o seguire falando pero non estou a favor da imposición, o meu fillo aprendeu falalo na casa pero non podo obrigarlle a usalo na súa vida, é a súa decision.
Ninguén ten fobia ao galego nin despreza aos seus falantes, paréceme que tes complexos ou es demasiado novo ou en verdade che averguenzas de ti deberias tratar con outras xentes que non sexan tan cohibidas como a ti, eu viaxei por pracer moito por España e Europa e jamas senti desprezo hacia mi ou a miña lingua ao contrario.
Saudos.

Anónimo dixo...

Pois eu deixo esto, non é nada novo pero hai moit@s galeg@s que non o saben por falta de información e formación:
4 de maio de 2016: nunha entrevista nunha televisión o sociólogo porto-riqueño Ramón Grosfoguel definiu a Galiza como unha colonia da España dada a persistencia de estruturas de explotación colonial por parte da España na Galiza e a carencia que a Galiza ten dun autogoberno real.

O profesor da prestixiosa Universidade de Berkeley nos Estados Unidos tamén se referiu ao nacionalismo español como o máis agresivo pero que evita sempre chamarse a si mesmo de nacionalismo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...