En
Millares fíxose carbón vexetal ata a década do 1960. Obtíñase da uz
negra (Erica australis) abundante na
beira do carballal de Freixido e no da Marronda, tamén na ladeira da serra
situada ó leste da Braña e de Millares (por exemplo no Val das Penas, Val da
Fonte, etc...).
Uces na beira de Freixido |
Era unha forma de sacar un can en certas épocas do ano
alternando o traballo co coidado do gando. A cepa ou raíz de uz é a parte máis
proveitosa desta planta. Cara ó fin do verán quítase a parte aérea do vexetal. Logo
arráncanse as raíces con petas ou aixadas e xúntanse. Despois faise un furado
grande no chan chamado foia, duns 0.60 m de fondo e 1.5 m de diámetro onde collan
uns cinco ou seis sacos. Préndese o lume con fentos secos e póñense as cepas picadas
en estelas por enriba enchendo a foia. No momento en que empeza a cocer a leña tápase con mofo e
terróns dispostos ca herba hacia o carbón para que non o estrague.
Foia |
A
temperatura oscila entre 400 e 700 °C .
Ponse máis terra de forma que non entre osíxeno de ningunha forma, xa que, se
respira algo quéimase todo. Así
evítase a transformación en cinza. Déixase durante un día e agárdase ó segundo
día para metelo frío en sacos e transportalo.
Os sacos cárganse nas bestas ou en machos aparellados
con albardas e átanse con cordas para levalos a vender. Este carbón era o
mellor para os ferreiros, é máis duradeiro e aporta menos calorías que o
mineral. Tamén era moi apreciado nas cociñas e nos braseiros xa que o seu poder
calorífico é moi superior ó da madeira. Ademáis do carbón feito en Millares, algún
veciño tamén transportaba carbón á feira de Meira, que llo traían da zona de
Freixo no concello da Fonsagrada. Podíase levar máis dunha besta, neste caso,
ía cada unha amarrada ó rabo da que marchaba diante dela.
Cepa de uz |
Flor de uz |
Ningún comentario:
Publicar un comentario