8 de mar. de 2012

Tradición musical I

A gaita é o instrumento máis representativo da música popular galega, en torno á gaita desenvólvense todas as actividades musicais desta terra. A súa orixe é incerta, hai algúns que supoñen que procede dos pobos Celtas. 
O primeiro documento coñecido en Galicia no que aparece un gaiteiro, é o contrato de venda dun terreo do ano 1374, a primeira representación iconográfica é a do capitel de Melide (A Coruña), que data dos séculos XII e XIII, tamén nas cantigas de Alfonso X o Sabio encontramos representacións de miniaturas nas que aparecen gaitas.

Gaiteiro


José Pin, "O Alledo"
Na bisbarra de Fonsagrada, e dentro dela en Baleira, tamén tivemos a nosa representación de músicos, dende o gaiteiro José Pin, "O Alledo", ata Florencio, coñecido como "o cego dos Vilares". De Florencio hai bastante documentación, tanto escrita coma visual, pero a caso do Alledo é ao contrario.
José Pin, foi un gaiteiro moi estimado na bisbarra de Fonsagrada, especialmente en Baleira de onde proviña.
"O Alledo", como se coñecía a José, era natural da aldea de Sampaio de Cubilledo, sendo neno trasladouse xunto aos seus pais e irmáns ao lugar de Alledo, na parroquia de Retizós, onde viviú os seus anos de adolescencia, de aí o seu sobrenome.
José tocaba a gaita polas aldeas, algunhas veces só e outras acompañado por Álvaro Fouz, que tocaba o tambor, os que o coñeceron din del que "facía falar á gaita".
Casou  e veu vivir a Millares, onde viviu o resto da súa vida.
"O Alledo", acudía moitas veces á feira da Fonsagrada para tocar alí, aproveitando a gran cantidade de xente que se daba cita na feira.
Desafortunadamente descoñecemos se existe algunha gravación da súa música, pero as seguintes gravacións deben ser similares ás pezas que tocaba José coa súa gaita:




*Os datos sobre José Pin "O Alledo", foron recompilados no blog <Retizos y sus amigos> e na páxina Planeta Galego.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Gustaríame que algún día nos sorprendese alguén e nos dixese que ten unha gravación do Alledo e que a quere compartir con todos os seguidores deste blog. Seguro que existe algunha gravación nalgún armario...

gaiteirosgz dixo...

Ola! se alguén posúe cintas gravadas do Alledo, interesaríanos restauralas e publicalas en dvd, previo pago de diñeiro a quen nolas poida prestar e tamén de pago de dereitos de autor aos herdeiros.

Anónimo dixo...

A súa bisneta daría algo por ter unha foto del.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...