27 de feb. de 2014

Entroido



Para o polígrafo Vicente Risco “pódeselle atopar ó entroido, estudiado na súa xeneralidade dentro do ciclo cultural europeo, tódolos precedentes prehistóricos, pagáns e antigos que se queiran, pero o que parece indubidable é que, como tal Carnaval, acuñouse na Idade Media e baixo a influencia cristiá”.
Este divertimento público cun fin didáctico e moralizador, que é o de censurar e ridiculizar os comportamentos libertinos opostos ás normas, celebrábase principalmente os tres días anteriores ó mércores de cinza. A data depende dos días en que caia a semana santa e ésta do primeiro plenilunio de primavera.

Entroido en Millares.                                                                                                                     xente tirábase auga, uns contra outros, cun cirichón: xiringa feita cunha cana de biouteiro do tamaño dunha bomba de aire. Furábase a cana cunha trade aumentando o oco e poñíase un coto que fai de émbolo axustado con estopas na punta para lanzar mellor a auga. Na punta poñíaselle unha billa pequena. Tamén tiraban cinza e fariña para enfarnar á xente, e neve, cando a había. Pintábanse con xiz, carbóns de lareira usados tamén para tisnar á xente e cinza dos potes. Levaban chocas e pandeiretas na man ou colgadas para facer ruído. Vestíanse de máscaras, tapábanse a cara con caretas de cartón e poñianse roupa descoñecida vella, para que non coñeceran a un. Andaban polo pobo toda a semana antes do martes de entroido. O típico era comer cachola, chourizo, longaínza e filloas no martes de entroido.

As máscaras
O factor político (autoridades político-relixiosas surxidas do 1936) e o factor socioeconómico (emigración dos anos 1960) aliáronse no comezo da fin das mascaradas rurais.
Os veciños disfrazábanse con roupas vellas e esfarrapadas e tapaban a cara con caretas artesanais de cartón, con antifaces ou con emborrallamentos de cinsa, ferruxe dos potes ou tinta. Os disfraces máis socorridos eran os de vellos ou de animais, non había cartos para comprar ou facer disfraces fermosos e a xente aproveitaba roupas en desuso. Os disfrazados trouleaban pola aldea, metíanse cos espectadores ou incluso rapiñaban algunha vianda das casas. En Millares ían polas casas xeralmente en grupos e convidábanse.

Carreiras de galo
Foi un dos ritos máis uniformemente repartidos por Europa, nalgún lugar como en Navarra en vez de galos eran gansos. Tamén é un xogo do entroido galego con diversas variantes. O galo é un símbolo de luxuria exacerbada e o seu sacrificio pon fin a un tempo de tolerancia e mesmo de desenfreo. O rito dos galos está xa documentado no século XII. A falta de información impide asegurar se a súa orixe e da Idade Media ou se se cristianizou un rito anterior. O misterio da súa xénese confire maior forza ó rito. En Millares segundo testemuñas consistía no seguinte: Entre dúas árbores téndese unha corda a certa altura e no centro dela pendúrase polas patas un fermoso galo. Os mozos do lugar por quenda e a cabalo cunha espada collen carreira e tratan de arrincar o pescozo do galo. Para dificultar o obxectivo outra persoa oscila a corda movéndoa desde un dos seus extremos. O que consegue presentalo sanguento triunfo na man leva o galo. Despois da corrida había unha escenificación en verso  entre o defensor do galo e o que o matara.





Non sabemos como era o relato das fazañas do galo na vista oral que se seguía contra el en Millares, pero como exemplo  pódenos servir algún parágrafo da farsa que se representou o 28 de marzo de 1948 na Meda (Castroverde), xa que o historiador Antón Fraguas cita Baleira e Castroverde como lugares de corridas de galos sanguentas. Suponse que os versos están en castelán porque naquela época o galego estaba prohibido.

(…)Este gallo aquí presente
es de historia moderna,
pues nació en una granja
en Castro Riberas de Lea.
Y hasta por ser distinguido,
Cosas que se hacen ahora,
el no nació de gallina,
nació de una incubadora.
El no quiso estar sumiso
junto de su gallinero,
y un buen día se marchó
sin saber nada el granjero.
Bastante lejos de allí
acampó en un gallinero

donde hizo bastantes daños,
según informes que tengo.
Aún sin tener la edad
profanó unas pollitas,
y creo que de eso ha sido
todas quedaron raquíticas.
Las viejas que allí había
las llegó a desperdiciar,
que ni siquiera una de ellas
ha querido galear.(…)
Sin pasar más adelante
he de advertir una cosa:
que este gallo es conocido
por "travieso cresta roja".(…)

O avogado acusador suliña algúns dos supostos delitos e clama xustiza:

Se sabe que mató un gallo,
y hasta sin ser en pelea;
esto hay que castigarlo,
resulte por donde quiera.

Ó que replicaba o defensor:

Según el primer testigo,
aquel gallo tenía anemia,
y un buen día se murió,
con una borrachera.

Logo dos razoamentos do defensor e do fiscal, o xuíz pronuncia a sentencia:
(…) La Sentencia está dictada
de acuerdo con el expediente,
y la dictaron las faltas
atribuidas al delincuente.
Estas faltas, todas en junto,
cometidas por el delincuente,
exigen que en este día
se le dé pena de muerte.
El piquete ejecutor
la cabeza le hará volar,
en la tarde de este día
y en este campo real.(…)
Por si el reo advierte algo,
aún se le deja tiempo,
y hasta el tiempo necesario
si quiere hacer testamento
y quiere hacer testamento,
y algún otro legado;
una vez hecho esto,
cúmplase lo sentenciado

Comida
O entroido é un período en que se come moito, pero non calquera cousa. A proximidade da coresma impón a renuncia ó consumo da carne durante corenta días (polo menos en teoría). A data específica para a gran comida carnavalesca é o domingo ou o martes de entroido. O rei gastronómico nesta época é o cocho.
Entre os productos máis típicos por Millares temos a cachola cocida con grelos, patacas e chourizos.
Tamén o botelo, embutido elaborado no intestino groso do porco e composto por pequenos cachos de carne con óso (costela, soá), picada e adobada con allo, pementón, picante e sal.



Entre os postres mantense a tradición das filloas: faise unha pasta líquida con leite, fariña, ovos, auga, sal e sangue. Nunha prancha ou tixola untada con manteiga ou touciño bótase o líquido ben batido e, unha a unha, vanse elaborando as filloas, que serán mellores canto máis finas queden. Quedan co tamaño da tixola e a clave está en dárllela volta no momento preciso, tarefa que cómpre realizar cos dedos. Vanse amontoando nun prato e para comelas pódeselles botar algo de azucre. Ingredientes: medio quilo de fariña, medio litro de leite, medio litro de auga, media ducia de ovos, sal e sangue de porco. Unto ou touciño para a tixola.




Outras tradicións
Diversas celebracións en Galiza:
Domingo fareleiro: o típico era ensuciar á xente con farelo en especial ás mozas.
Xoves de compadres / comadres: no xoves de compadres, as rapazas facían un boneco irrisorio de palla chamado "o compadre" que colgaban e defendían dos rapaces que tiñan que intentar apoderarse del para queimalo. No
xoves de comadres os papeis e o boneco invertíanse.
Domingo corredoiro: anterior ó domingo de entroido,  paséase o burro, que eran dous rapaces disfrazados como ese animal, guiado polo
maragato, polas diversas aldeas.
Santo Entroido: é o entroido propio (domingo, luns e martes).
Mércores de cinza: realízase o enterro da sardiña ou do meco, no que tras unha procesión satírica quéimase o boneco que representa o Carnaval.
Domingo de Piñata: é o primeiro domingo de Coresma e nel realízase o coñecido xogo da piñata.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que animalada esa tradición. Entendo que matar un animal indefenso co clamor do público xa non se fai nesa aldea ou? Unha perturbación mental, igual que o costume español dos touros, o que goza con ese espectáculo tan macabro ten un problema. E aínda hai xente que lle chama arte...........

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...