17 de nov. de 2011

Nomes dos prados.

Zona norte
Zona sur

ORIXE DOS NOMES DALGUNHAS PARCELAS:
A AGRA: conxunto de parcelas de labradío pertencentes a varios propietarios e pechados por un muro común.
O AGRIN: agra pequena.
O ALTO DA AGRA: o lugar máis alto da agra.
A ARQUEIRA: pode vir de arcar "presenza de monumentos sepulcrais do periodo megalítico coñecidos co nome de arcas por referencia ao abrigo ou caixa funeraria". Tamén pode ser porque na Arqueira o camiño (hoxe estrada), fai unha curva en forma de arco.
O BREIRAL: pode ser antropónimo de Viricius, Veirius.
A CALIÑA: relacionado co cal, zona de pedra calcárea.
AS CANCELEIRAS: os prados da zona terían cancelas: pequenas portas formadas por táboas ou madeiros que se colocan nas entradas de acceso as propiedades.
O CANDAL: pode derivar de cant "pedra", como pasa un río pódese referir ás pedras pequenas con forma redondeada e lisa, que por efecto da erosión arrastra a auga e vai depositando nos bordes do río en nas chairas da inundación.
O CANDO: pode derivar de cant "pedra", sobre todo en inverno, polo Cando tamén baixa bastante auga depositando ao longo do tempo areas e pedras pequenas.
O CASON: refírese a unha casa grande, puido haber neste lugar unha casa de muita superficie, tipo pazo.
O COPIN: relacionado con forma de copa.
O COTAÑO: de couto, parte máis alta dun monte con forma cónica.
COTO: parte máis alta dun monte con forma cónica.
AS FONTELAS: nacemento de fontes de augas con poco caudal.
O FOXO: burato e cavidade no terreo.
O FORNO DO CAL: lugar onde puido haber un forno de cal, xa que está situado sobre material xeológico calcareo, neste sentido, no pobo próximo da Muiña, ainda hai restos dun forno do cal.
A LARGUIÑA: prado con forma alongada.
O LATEDO: pode derivar de lata, pau longo e delgado, leme do arado, viga que sostén o piso ou cuberta dunha casa, estaca para construir peches. Entón O Latedo sería un lugar onde habería árbores altas e delgadas.
LIÑARIN: pode derivar de liña/liño, lugar no que se cultivaba el lino.
A MANGUELA: prado con forma de manga.
A MANTIÑA: terreo con forma de manta.
PRADO DO MUÍN: prado nel que hubo un muiño.
O PALOMAR: pode ser que por esa zona frecuentasen as pombas o que hubese nalgunha época un pombal.
O PEDRAGAL: de pedra, lugar abundante en pedras.
AS PEDRAGUEIRAS: lugar abundante en pedras.
A PENELA: del céltico "penn" rocha, pena, pode ser lugar onde no chan hai rocha pequena e plana. Tamén elevación do terreo pequena e pouco pronunciada.
A PERNA: terreo con forma alongada como una perna.
O PORTO DA ROXA: de porto: paso terrestre entre montañas, entre Millares e a Braña ao pasar o primeiro regato que cruza o camiño, vaise ascendiendo ata alcanzar el camino un chairo. O de Roxa refírese a que aí estaba a casa que segundo nos contaron había nese lugar.
PRADO DA PEREIRA: refírese o antigo dono da casa da Pereira.
AS PREIRIÑAS: poder se a contracción de "pereiriñas",pereiras, neste caso pode ser que a vexetación natural desta zona antes de ser labrada estuvese formada por un porcentaje alto de pereiras silvestres como acontece nalgunhas zonas de monte.
A REQUEIXADA: pode ser de requeixo, terreo elevado en declive que remata en unha chaira.
A RIGUEIRA: lugar destinado a regadío e polo que discurre un curso de auga.
SUFERRAÑA: pode ser da preposición "sub", debaixo de, ao lado de e de raña: terreo alto e de monte pobre, erosionado.
A TRONCA: pode derivar de madeiro, parte de árbore próxima á raíz, neste caso sería unha zona de madeiros.
VEIGALONGA: de veiga, terreo cheiro e fértil situado ao bordo dun río o corrente da auga, onde hai prados e cultivos.
AS VEIGAS: de veiga.
A ZARRA: terreo cercado por un muro.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...