13 de dec. de 2011

Concentración parcelaria.

*Beneficios da concentración parceira:
Económicos: en primeiro lugar o agricultor diminúe o número de viaxes e gaña tempo, en segundo lugar un menor gasto de combustible por facer menos viaxes e estar mais preto da súa vivenda.
Aumento da superficie cultivable: por disminución dos ribazos e lindes entre parcelas, ademais ao facer os camiños máis rectos gañan espazos antes inútiles.
As obras levan consigo unha mellora xeral das infraestruturas do lugar e polo tanto todos os beneficios que diso se derivan.
*Prexuízos da concentración parceira:
Custo económico:  o proceso é moi longo, perfectamente dez anos dende o inicio ata a toma de posesión, a entrega das escrituras aínda leva máis tempo, ademais, este longo tempo leva a certa paralización na explotación agrícola da zona. Finalmente, é moi conflictiva dende un punto de vista social.
Custo ambiental: a desaparición de marxes, ribazos, e espazos "perdidos" vai en contra da flora e fauna que neles habita. En segundo lugar, o maior rendemento que se obtén unha vez finaliza o proceso, con frecuencia débese a un maior uso de productos químicos.
*E por último, o maior prexuízo para todos os que levamos a Millares no corazón, a desaparición daquelas árbores que nos deron a súa sombra no verán e nos resgardaron da chuvia, que viron nacer e morrer a xeracións de veciños, testemuños mudos da historia da nosa aldea.
A destrución desas corredoiras, miles de veces percorridas polos veciños durante séculos, ¡que secretos gardarian!, desas paredes de pedra que tanto traballo deberon supoñer para os que as levantaron fai xa tanto tempo... os nomes dos prados, todas esas imaxes e recordos que nos acompañaran sempre.
Pero deixando a un lado sentimentalismos, darémolo por bo, se iso contribúe a garantir o futuro da nosa aldea.

Ano 2005

Ano 2010

1 comentario:

Anónimo dixo...

Seguimos esperando polos títulos de propiedade!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Este ano xa fai 20 anos!!!!!!!!!!!!!! que empezou o proceso parcelario e non ten pinta de acabar dunha puta vez.
Hai cartos para guerras (construír fragatas), para parásitos como a monarquía, pero o desenvolvemento do pobo..... Que burriños somos cando votamos....

Data de aprobación do Decreto: 25/06/1999 (DOG 08/07/1999)
Data de aprobación das Bases Definitivas: 22/12/2003 (DOG 27/02/2004)
Data de firmeza das Bases: 22/10/2007
Data de aprobación do Acordo: 15/10/2009 (DOG 10/11/2009)
Data do aviso de Toma de Posesión Provisional: DOG 17/08/2012
Data de entrega de títulos: ??????????????????????

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...