16/12/2011

Como cambiaron as cousas





Advertencias útiles aos emigrantes que se dirixan á República de Cuba:
* Non serán admitidos na República de Cuba os criminais, as prostitutas, os que padezan enfermidades contaxiosas, os idiotas e dementes, os que acudan a aquela nación en virtude dun contrato de traballo, os que imploren a caridade pública, os que non acrediten á súa chegada que posúen unha suma de polo menos 30$ (unhas 210 pts. aproximadamente), agás aqueles que teñan persoas coñecidas das Autoridades de inmigración, que asuman a obriga de proceder eventualmente ao seu mantemento.

*Os emigrantes serán interrogados á súa chegada sobre diversas cuestións, entre elas a relativa ao lugar onde se dirixan.

*A toda muller que viaxe soa, calquera que sexa o seu estado civil, poderá impedírselle o desembarco se a xuízo do Comisario de Inmigración non presenta as garantías oportunas e que teñen por obxecto aplicar as leis de protección á muller.

*As mullers menores de vinte e un anos non poderán desembarcar se non van acompañadas dos seus pais ou dun parente ou titor autorizado.

*Cando vaian acompañadas de parentes que non sexan os seus pais ou titores, deberán levar a autorización paterna debidamente legalizada, requisito que debe cumprirse e figurar na Carteira de Identidade do emigrante.

*Considéranse como menores de idade as persoas de ambos os dous sexos que non teñan vinte e un anos cumpridos.

*A idade máxima para ser admitido é de sesenta anos. Exceptúanse os que a xuízo do Comisario de Inmigración non haxan de converterse en carga pública.

*Calquera persoa que desembarque nos portos cubanos poderá ser sometida ao procedemento de identificación dactilográfica, e para este efecto recoméndase que sexa enchida debidamente a folla terceira da Carteira de Identidade, coa clara impresión dactiloscópica do emigrante.

Advertencias útiles aos emigrantes que se dirixan a Arxentina:
*Ante a frecuencia con que se presentan emigrantes para a República Arxentina exhibindo, por descoñecemento das novas disposicións dese país, os certificados que se esixían anteriormente aos pasaxeiros de calquera clase, sobre saúde mental, non exercicio da mendicidade e aptitudes para o traballo, advírtese de novo que a Dirección xeral de Inmigración da Arxentina acordou non ser necesario tales documentos e que "os emigrantes españois quedan exceptuados do certificado de non procesamento, sempre que os datos que deben consignarse na páxina 5ª da Carteira de identidade do emigrante estean debidamente cumpridos".
E co obxecto de evitarlles os prexuízos a que se expoñen aquelas persoas que non estando capacitadas para ser admitidas na devandita República se empeñen en emprender a viaxe a ela, advírtese que as circunstancias que impiden a entrada de pasaxeiros neste país son.

*Presentar síntomas de acharse afectado de tuberculose, lepra, tracoma ou calquera enfermidade crónica que disminúa a capacidade para o traballo.

*Padecer demencia ou alienación mental en calquera das súas formas de manifestación, idiotez, imbecilidade, epilepsia, etc.

*Ter un vicio orgánico conxénito ou adquirido, total ou parcial, que os faga inútiles ou diminúa en calquera forma a súa capacidade para o traballo, como son cegos, xordos, mudos, paralíticos, raquíticos, enanos, mancos ou inválidos dunha perna, ou calquera outro vicio ou defecto que impida ser considerado apto para o traballo.

*Estar comprendido no concepto de inmigración viciosa ou inútil.

*Ser persoa que se presuma poida caer a cargo da beneficencia pública.

*Ser muller soa con fillos menores de quince anos, salvo que posúa en permiso especial de desembarco expedido pola Dirección xeral da inmigración da República Arxentina.

*Ser menor de quince años, que viaxe sen os seus pais, a non ser que posúa permiso de libre desembarco outorgado pola Dirección xeral de inmigracción. Todos os menores de quince anos que viaxen en compañia dos seus pais deberán posuír a partida de nacemento.

*Ter máis de sesenta anos, aínda que fose residente anterior no país.

*Carecer de pasaporte, con fotografía, visado por un cónsul arxentino da nación que o expediu e á que pertence o estranxeiro.

*Carecer dun certificado xudicial ou policial que acredite non ter estado baixo a acción da xustiza por delitos comúns ou contra a orde social durante os últimos cinco anos.

*Ser clandestino.

*Traer como destino real a República Argentina e ter obtido o visado en Consulados doutra nacionalidade, na suposición, que se dirixan a puntos de nacións limítrofes.

**Información recopilada en prada web.








Anónimo dijo...
Tengo documentación que acredita lo siguiente:
Los emigrados a Brasil, al principio del siglo xx, al recibirlos en el puerto eran conducidos por las autoridades portuarias o por los comisarios de turno y agrupados en grupos de barios donde se les daba un nombre comun atodos, ese nombre correspondía al mayor del grupo, de tal forma que pasado los años, solo se les conocía por ese nombre, perdiendo así su propia identidad.
Anónimo dijo...
Me interesa mucho ese tema, mi abuelo paterno salio desde Vigo en un barco y nunca volvio, se recibió una carta suya desde Santiago de Cuba, no podrias subir a esta pagina esa documentacion?
Me gusta saber de este tema. gracias anticipadas
Anónimo dijo...
Hola amigo/a.
La documentación a que me refiero es el testimonio de una persona nacida y residente en Brasil, quien comenta lo que su abuelo les contaba, yo buscaré en emerotecas del destrito donde vive ese amigo y supongo que encontraré documento oficial del tema. Si no puedo resolverlo así, te enviaré un enlace de un blog donde aparece esa información que para mi es de todo crédito por ser quien es el interlocutor. un abrazo de un emigrante.
Anónimo dijo...
SOBRE O NOME TOUZON /MARTINEZ
hipóteses de mudança de sobrenome:
(a) Ao receberem os emigrantes, os funcionários da migração as vezes os dividiam em grupos
e atribuíam os nomes iguais ao do membro mais velho.
deste grupo e a todos davam mesmo sobrenome
(b) confusões permanentes sobre a diferença de sobrenome
na Espanha é diferente de nós ,o nome do pai vem logo a seguir no primeiro nome.
(C) POR VONTADE DE DOSETEO
POR ALGUNS PERÍODOS NO COMEÇO DO SÉCULO O GOVERNO ESPANHOL ACUSOU Ó
CHEGOU A PROIBIR A MIGRAÇÃO PARA O BRASIL DEVIDOS AOS MAUS TRATOS AQUI RECEBIDOS
ou algum outro motivo que primo german poderá nos esclarecer.
(D) PROVAVELMENTE TENHA SIDO REGISTRADO NO VERÃO SÓ COM O NOME DE SUA MÃE, POIS O PAI PODERIA ESTAR A TRABALHO OU VIAJANDO,PORÉM ERA FILHO DE MANUEL MARTÍNEZ.
Neto de: Antonio Touzón Alvarez e Maria Pol
Anónimo dijo...
Como podes comprovar amigo/a, a historia dos nosos emigrantes non era de frores precisamente,Isa e a historia dun paisano que se foi para Brasil e contaba a sua vida a os seus netos. Hay nomes e apoelidos, hay familiares vivos en Galicia, que poden dar fe do que este amigo conta, por iso eu dóulle todo o crédito a ise comentario. Por outro lado e moi dificil atopar documentos oficiais que fagan referencia a istes casos nas emerotecas do Brasil,por iso che envío iste que para min e un documento


























    





Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...