17 de nov. de 2011

A capela de Millares.


En Millares había dúas festas ó longo do ano, unha en honor a San Antonio e outra dedicada a San Miguel. Parece que isto non foi sempre así, sendo o verdadeiro patrón de Millares San Xoan.
É probable que no pobo houbera nalgún tempo algún edificio relixioso (igrexa, capela) xa que outros pobos veciños máis pequenos teñen capela.
En Millares houbo unha capela, pero ¿Cando se construiu este lugar de culto? Que sitio ocupaba?. Estamos ante outro misterio da nosa aldea no que a arqueoloxía ou algún documento poderá resolver.
Reproducimos textualmente un parágrafo dun documento do ano 1776:

en atención a la indecencia y desaliño que hemos notado en la capilla de San Juan del lugar de Millares, mandamos a este cura averigüe con la debida exactitud su renta y dotación, poniendo a continuación de mi auto copia a la letra de la escritura, o escrituras que se hubieren pasado en su exención; así mismo averiguar ya en lo que se haya empleado la expresada renta, como la que resulte existente, con la cual procure se reponga la expresada capilla con la debida decencia y aseo”.

Noutro documento do ano 1798 aparece o seguinte

“declaramos suspensa la capilla o ermita de San Juan Bautista sita en Millares, por haberla reconocido indecente para que en ella se celebre el santo sacrificio de la misa, y mandamos permanezca suspensa mientras no se reedifique enteramente más extensión, lastrando en pavimento y teniendo propios de dicha ermita los ornatos necesarios con su caliz y patena de plata dorados".


San Xoan Bautista

Xa que toca falar do tema relixioso, aproveitamos para facer referencia á igrexa parroquial situada actualmente no lugar da Braña. Non sempre estivo alí, xa que anteriormente localizábase no alto da Requeixada, onde apareceu algún resto das paredes durante os traballos da concentración parcelaria do ano 2010.
Por outro lado contan que as portas de esa igrexa foran levadas para unha casa de Millares. Neste caso tamén descoñecemos en que ano foi trasladada a igrexa.

Nomes dos prados.

Zona norte
Zona sur

16 de nov. de 2011

Mostra micolóxica polos bosques de Millares.

Un pequeno paseo polo monte, permítenos, sobre todo no outono e inverno, encontrar multitude de cogomelos, algúns comestibles, como o boletus edulis ou como a Lepiota (fotos 1 y 4), e outras, moi tóxicas, como a Amanita Muscaria, que pola súa cor non pasa desapercibida, aínda que o mellor, é que se non as coñoces déixaas onde están.
A maioría dos refráns galegos, fan referencia ó perigo que ten a inxestión de fungos se non se ten un coñecemento axeitado sobre micoloxía:
"Vale máis fungo perdido que comido"
"Moito tes que saber para cogomelos comer"










14 de nov. de 2011

Por qué se chama Millares o noso pobo?



A palabra Millares úsase no galego para chamarlle ás ramas finas do salgueiro (salix) de cor branco. Neste caso o noso pobo sería unha zona onde se dá ben esta planta.
Algúns investigadores din que Millares deriva de millo (en latín millium), así temos míllara: palabra galega para chamar á terra sementada con millo miúdo, non o millo groso (zea mays) importado de América.
En Galiza hai varias plantas ás que se lles chama millo (Setaria viridis, Panicum miliaceum). Desde este punto de vista na nosa aldea abundaría alguhna destas plantas.

Panicum miliaceum

En documentos antigos, o camiño que atravesa o pobo chámanlle camiño frances ou camiño real, dependendo da época. Millares está nunha ruta de paso usada desde antigo por xente que viaxaba do norte de Galiza hacia Castela ou viceversa (por exemplo, no 1733 pasou un home de Ferrol que viña de Castela, no 1826 outro que ía a Lourenzá).
        
Pobos do estado que se chaman MILLARES:

Provincia
Concello
Parroquia
Nome do lugar
A Coruña
Touro
Bama
Millares Grande
A Coruña
Touro
Prevediños
Millares Pequeno
Lugo
Baleira
A Braña
Millares
Lugo
Folgoso do Courel
Esperante
Millares
Lugo
Vilalba
Santaballa
Millares
Valencia
Millares
-
Millares

En Asturias hai dous pobos que se chaman Millares, un no concello de Amieva o outro no de Piloña.Ó escribilo cambia unha letra pero a pronunciación é igual (en bable non hai ll e en galego non hai y)

Algúns pobos do estado que se chaman Millares:

Millares, Esperante, Folgoso do Courel, Lugo

Millares Grande, Bama, A Coruña

Millares, Valencia

12 de nov. de 2011

Hórreos de Millares

ONTE E HOXE DO HÓRREO DE BRAÑAS:



HÓRREOS QUE HOUBO E OS QUE AÍNDA QUEDAN EN PÉ:


Todos os hórreos de Millares eran de pallozo, (cubertos de palla, xesta e uces)

Hórreo na Fontaneira, similares a este eran os hórreos de Millares

Todos os hórreos de Millares eran de pallozo (cubertos de palla, xesta e uces):
GALLEGO: entre a casa e a cortiña de Menán.
BRAÑAS: está en pé.
DOURADO: entre a casa e a palleira.
DÁMASO: está en pé.
PEÑA: enfrente da casa, ó lado da palleira.
FARRUQUETE, FERREIRA. LAMEIRO: antes da casa de Farruquete.
TRABADA: na esquina da palleira, hacia a casa da Viuda.
RITA: diante da casa, hacia a estrada.
CASANOVA: diante da casa, hacia a estrada.
TABERNA: entre a casa e a palleira.
SEVERO: entre as casas.
MENÁN: entre a casa e a palleira.


Nados e os seus nomes en distintas decadas en Millares.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...